Amosando publicacións coa etiqueta Franco. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Franco. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de maio de 2020

4º ESO "Dos tempos dos meus avós": O final do franquismo


Bos días a todos!!!👋🌞


Hoxe imos a falar sobre a etapa final do franquismo e nesta e nas seguintes sesións adicarémonos a resolver tarefas conxuntas para esta e outras materias, traballando á vez o contexto histórico e contidos matemáticos, tecnolóxicos, visuais... coas que poderedes amosar o grao de dominio que tendes deste tema e do desenvolvemento das vosas competencias clave.

Comezamos con esta última etapa vendo este pequeno vídeo que resume algunha das claves destos últimos anos:


Como vemos no vídeo,  na década dos 70, derivado do cambio económico e social que se viviu ata entón, aumentará a oposición ao franquismo e, tamén, a súa división interna.

Xa en 1956 o PCE (Partido Comunista Español) lanzaba unha política de reconciliación nacional co obxecto de que todos os partidos, de dereitas e esquerdas, se aliasen contra a ditadura. En 1962 estos partidos reúnense en Múnic e crearon a Xunta Democrática e a Plataforma de Converxencia Democrática.
Xorden tamén novas formas de oposición, como os movementos veciñais ou os movementos estudiantís nas universidades. Os movementos sindicais (como CCOO) póñense en marcha e artistas e intelectuais comezan a manifestar públicamente o seu rexeitamento ao réxime.

Ao mesmo tempo, varios grupos terroristas con métodos moi violentos comezan a desenvolverse. Falamos da GRAPO, FRAP (ambas organización de extrema esquerda) e ETA (un grupo independentista vasco), que cometerán os primeiros atentados con vítimas despois de 1960.

En 1973 prodúcese a nivel global unha crise económica, a crise do petróleo, que afecta a España. Prodúcese unha inflación derivada da suba do petróleo e co peche de empresas aumentará o paro. Asimesmo, redúcese o número de turistas e de divisas dos emigrantes que estaban fóra de España. Moitos deles voltan o que aumenta aínda máis o paro.
Todo isto provocou un aumento da conflitividade obreira (que se manifestou en folgas encabezadas polos sindicatos clandestinos) e da protesta social.

Esta crise económica xunto coa crise política polas diferencias dentro do réximen vénse agravadas polo estado de saúde do ditador, que cada vez vai a pior. Como dixemos na anterior sesión, en 1969 Franco designara a Xoan Carlos de Borbón como seu sucesor na xefatura do Estado pero aínda non nomeara ao seu sucesor na xefatura de goberno. O almirante Luis Carrero Blanco vai a ser a persoa que designará Franco.
En 1973, ETA asasínao nun atentado terrorista.

Buraco que produciu a explosión no atentado contra Carrero Blanco o 20 de decembro de 1973.
Iste duro golpe para o franquismo foi contestado cunha dura represión: decretouse o estado de excepción en varias ocasións (unha orde do Estado polo que se suspenden as liberdades da poboación), aumentaron as detencións e condenáronse a morte a varios membros de ETA e do FRAP.




As disputas tras a morte de Carrero Blanco amosaron esa existencia de dúas correntes dentro do franquismo: os inmobilistas (que non querían ningún tipo de cambio) e os aperturistas (partidarios dalgunhas reformas). 
En 1974 formouse un novo goberno, presidido por Carlos Arias Navarro que, tras un intento inicial de reconciliar ambas faccións foi decantándose hacia o inmobilismo.


Ao mesmo tempo, como vistedes no vídeo, produciuse o conflito do Sáhara español. Esta colonia reclamaba a súa independencia e os marroquís, aproveitando a debilidade do réxime, anexionárona na chamada Marcha Verde.
A colonia española do Sáhara era ambicionada pola súa riqueza en fosfatos e Marrocos alegaba dereitos históricos. En 1973 xa se creara a Fronte Polisaria, unha formación nacionalista e socialista que aspiraba á independencia saharauí.
España estaba preparando a descolonización pero, como vimos, o rei de Marrocos organizou unha invasión pacífica deste territorio (a Marcha Verde).

Xornal de 1975 que reflicte a tensa situación no Sáhara, que coincidiu coa agonía de Franco.
Fonte imaxe: VicensVives


O 20 de novembro de 1975 Franco morre.



No testamento político de Franco, lido por Carlos Arias Navarro na televisión española, o ditador afirmaba deixar todo "atado e ben atado" para conservar a súa obra política e a esencia do réxime. O caso é, que en menos de dous anos o franquismo foi desmantelado e a sociedade española a través dos diferentes partidos políticos estaban construíndo un novo Estado democrático.

O 22 de Novembro de 1975, Xoan Carlos I foi coroado rei e xurou o seu cargo asumindo a xefatura do Estado e na súa mensaxe xa deixaba entrever a súa vontade de promover un cambio político. Ao principio reafirmará no seu cargo a Arias Navarro (que non foi capaz de levar a cabo ningunha reforma democrática real) así que, en 1976, fórzao a dimitir e sucédeo Adolfo Suárez.




Adolfo Suárez sí vai levar a cabo unha serie de reformas para abrir camiño á democracia: aprobou a Lei para a Reforma Política en 1976 que os españois apoiaron nun referedum. Logo decretou a amnistía para os presos políticos e legalizou os partidos existentes (incluido o PCE). Tamén conovocou eleccións en xuño de 1977 (as primeiras libres desde 1936).



Adolfo Suárez presentarase a estas eleccións liderando o partido Unión de Centro Democrático (UCD) e gañaráas. O PSOE foi a segunda forza máis votada, seguido do PCE e de Alianza Popular.

O resto, verémolo noutro capítulo 😉

Ata aquí por hoxe. Calquera dúbida non dubidedes en prantexarma.

Agora deixovos coa tarefa que vos prantexamos a profe Yéssica e máis eu e que vos vai  a servir para obter unha visual completa da evolución económica do franquismo desde a autarquía ata esta mesma fase. 
Recordaide que a solución a esta tarefa debedes enviarnola ás dúas pois contará nas dúas materias.


Unha aperta,

Bea.



xoves, 14 de abril de 2016

Da proclamación da II República ó final do franquismo

Boas tardes historiador@s!!!

Atopámonos na recta final dun tema ben interesante.
Nesta ocasión, comezamos a nosa longa andadura no desastre do '98, recordando a curiosa historia dos derradeiros de Filipinas, os soldados que permaneceron atrincheirados na igrexa de S. Luis de Tolosa de Baler despois da pérdida de Filipinas, ata que, case un ano despois, decidiron abandonar o lugar.
Fonte imaxe: www.grandesbatallas.es
Fonte imaxe:jotamartinezarribas.blogspot.com


Na clase falamos largo e tendido deste curioso acontecemento, investigando o por qué e o cómo! Si por curiosidade queredes saber máis do tema, cunha sinxela búsqueda en Google podedes ver un milleiro de fotografías do asunto! Ademáis deixovos os enlaces da serie de RTVE "El Ministerio del Tiempo" que, nos seus cap. 15 e 16, trata de forma ben entretida este tema. Ben sei que non cómpre, pero por "si as moscas", recordai que é unha serie de televisión, polo que moitas cousas son ciencia-ficción! 

  • http://www.rtve.es/television/ministerio-del-tiempo/capitulos-completos/temporada-2/capitulo-15/
  • http://www.rtve.es/television/ministerio-del-tiempo/capitulos-completos/temporada-2/capitulo-16/

Tras abordar este tema e falar do descontento da poboación española pola perda das colonias (Cuba, Filipinas...) chegamos ao reinado de Alfonso XIII, quen asumiu o cargo con 16 anos (ano 1902). Serán os últimos coletazos desde período coñecido como Restauración...

 Fonte imaxe: www.abc.com
Alfonso XIII. Fotografía de Christian Franzen.
Chegamos ao final do reinado de Alfonso XIII (1931), tras navegar pola dictadura de Primo de Rivera e afondar nas consecuencias das decisións do monarca.
Na seguinte imaxe (tomada prestada de luisprofehistoria) podemos ver un resumiño deste período, debaixo unha foto do rei Alfonso XIII e de Primo de Rivera:



Portada del Heraldo de Madrid del 13 de septiembre de 1923 tras el pronunciamiento de Primo de Rivera.

En 1930 Primo de Rivera vese obligado a dimitir e Berenguer asume o mando. Alfonso XIII termina convocando eleccións municipais: serán en abril do '31. 
Os partidos da oposición firmaron o Pacto de San Sebastián para concurrir as mesmas. En todas as capitais de provincia gañarán as forzas republicanas: Alfonso XIII dáse por enterado. Decide marchar a Francia. 
Proclámase a II República e Alcalá Zamora é nomeado presidente.  Estamos a 14 de abril de 1931. (sí, efectivamente, fai xusto hoxe 15 anos)
Nos vindeiros meses aprobarán a Constitución:


  • Neste link temos unha entrevista do periódico ABC a Alfonso XIII tras a proclamación da República:
  • http://www.abc.es/espana/rey-juan-carlos-i-abdica/20140603/abci-juan-carlos-alfonso-xiii-201406021742.htm
La histórica entrevista de ABC a Alfonso XIII tras dejar de ser Rey

Da prensa de aquel entón contamos con numerosas mostras que, a día de hoxe, nos sirven como unha importante e valiosa fonte para a investigación histórica. Aquí vos deixo unhas cantas portadas da proclamación da República:




Como vedes temos moitísimas noticias de aquel entón! As hemerotecas dos distintos xornais conservan estas xoias históricas! Se queredes ver máis tendes uns recopilación no xornal online huffintonpost do día de hoxe.

Tras estudiar o desenvolvemento da II República e os seus vaivéns políticos asistimos o golpe de estado perpetrado polo xeneral Mola, Sanjurjo, os carlistas... en fin, as forzas opositoras á República.

Fonte imaxe: batallasdeguerra.com

infoguerracivil,com

En 1939 remata o conflicto e adentrámonos de cheo no análise do período franquista.

https://www.youtube.com/watch?v=q9AL5n5g4q8 > Proclama fin guerra

Parte Oficial de Guerra do 1 de abril de 1939: Remata a guerra

As características do franquismo concluímolas tras analizar diferentes documentos  e, do mesmo modo, achegamonos a evolución económica de España durante o mesmo. 

Franco atópase con Hitler en Hendaia.

A muller segundo a Sección Feminina

Revista Y. Sección Femenina. 1941

Apertura dunha fosa común

Amada García: fusilada en Ferrol, no Castelo de San Felipe, logo de ser condenada a morte nun xuízo. Acusada de roxa.
Podedes atopar máis información no seguinte artigo:
http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.14883.php

Cartel  do mitin de Alfonso R. Castelao e Luis Soto en Ciego de Ávila (Cuba) o 22 de Novembro de 1938. Estos intelectuais e políticos realizaron entre 1938 e 1939 unha xira por Cuba e Estados Unidos, por encargo do goberno español para recabar apoio a favor da República entre as comunidades galegas do exterior. 
Castelao (Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950) xa non puido voltar en vida á súa terra e Soto tampouco (A Bola, 1902, México, 1982).
(Fonte: Arquivo Histórico Provincial de Ourense)

Cartilla Racionamento
Billetes: Unha peseta

Crecimiento económico. exportaciones mundiales

Fonte: historiallanes2bach.over-blog.es


En 1975 morre Franco e coa súa morte comeza un novo período: A transición.

https://www.youtube.com/watch?v=IbTcTnxGjVo  Vídeo NO DO Anuncio da morte de Franco por parte de Arias Navarro.