luns, 25 de maio de 2020

4º ESO "Dos tempos dos meus avós": O final do franquismo


Bos días a todos!!!👋🌞


Hoxe imos a falar sobre a etapa final do franquismo e nesta e nas seguintes sesións adicarémonos a resolver tarefas conxuntas para esta e outras materias, traballando á vez o contexto histórico e contidos matemáticos, tecnolóxicos, visuais... coas que poderedes amosar o grao de dominio que tendes deste tema e do desenvolvemento das vosas competencias clave.

Comezamos con esta última etapa vendo este pequeno vídeo que resume algunha das claves destos últimos anos:


Como vemos no vídeo,  na década dos 70, derivado do cambio económico e social que se viviu ata entón, aumentará a oposición ao franquismo e, tamén, a súa división interna.

Xa en 1956 o PCE (Partido Comunista Español) lanzaba unha política de reconciliación nacional co obxecto de que todos os partidos, de dereitas e esquerdas, se aliasen contra a ditadura. En 1962 estos partidos reúnense en Múnic e crearon a Xunta Democrática e a Plataforma de Converxencia Democrática.
Xorden tamén novas formas de oposición, como os movementos veciñais ou os movementos estudiantís nas universidades. Os movementos sindicais (como CCOO) póñense en marcha e artistas e intelectuais comezan a manifestar públicamente o seu rexeitamento ao réxime.

Ao mesmo tempo, varios grupos terroristas con métodos moi violentos comezan a desenvolverse. Falamos da GRAPO, FRAP (ambas organización de extrema esquerda) e ETA (un grupo independentista vasco), que cometerán os primeiros atentados con vítimas despois de 1960.

En 1973 prodúcese a nivel global unha crise económica, a crise do petróleo, que afecta a España. Prodúcese unha inflación derivada da suba do petróleo e co peche de empresas aumentará o paro. Asimesmo, redúcese o número de turistas e de divisas dos emigrantes que estaban fóra de España. Moitos deles voltan o que aumenta aínda máis o paro.
Todo isto provocou un aumento da conflitividade obreira (que se manifestou en folgas encabezadas polos sindicatos clandestinos) e da protesta social.

Esta crise económica xunto coa crise política polas diferencias dentro do réximen vénse agravadas polo estado de saúde do ditador, que cada vez vai a pior. Como dixemos na anterior sesión, en 1969 Franco designara a Xoan Carlos de Borbón como seu sucesor na xefatura do Estado pero aínda non nomeara ao seu sucesor na xefatura de goberno. O almirante Luis Carrero Blanco vai a ser a persoa que designará Franco.
En 1973, ETA asasínao nun atentado terrorista.

Buraco que produciu a explosión no atentado contra Carrero Blanco o 20 de decembro de 1973.
Iste duro golpe para o franquismo foi contestado cunha dura represión: decretouse o estado de excepción en varias ocasións (unha orde do Estado polo que se suspenden as liberdades da poboación), aumentaron as detencións e condenáronse a morte a varios membros de ETA e do FRAP.




As disputas tras a morte de Carrero Blanco amosaron esa existencia de dúas correntes dentro do franquismo: os inmobilistas (que non querían ningún tipo de cambio) e os aperturistas (partidarios dalgunhas reformas). 
En 1974 formouse un novo goberno, presidido por Carlos Arias Navarro que, tras un intento inicial de reconciliar ambas faccións foi decantándose hacia o inmobilismo.


Ao mesmo tempo, como vistedes no vídeo, produciuse o conflito do Sáhara español. Esta colonia reclamaba a súa independencia e os marroquís, aproveitando a debilidade do réxime, anexionárona na chamada Marcha Verde.
A colonia española do Sáhara era ambicionada pola súa riqueza en fosfatos e Marrocos alegaba dereitos históricos. En 1973 xa se creara a Fronte Polisaria, unha formación nacionalista e socialista que aspiraba á independencia saharauí.
España estaba preparando a descolonización pero, como vimos, o rei de Marrocos organizou unha invasión pacífica deste territorio (a Marcha Verde).

Xornal de 1975 que reflicte a tensa situación no Sáhara, que coincidiu coa agonía de Franco.
Fonte imaxe: VicensVives


O 20 de novembro de 1975 Franco morre.



No testamento político de Franco, lido por Carlos Arias Navarro na televisión española, o ditador afirmaba deixar todo "atado e ben atado" para conservar a súa obra política e a esencia do réxime. O caso é, que en menos de dous anos o franquismo foi desmantelado e a sociedade española a través dos diferentes partidos políticos estaban construíndo un novo Estado democrático.

O 22 de Novembro de 1975, Xoan Carlos I foi coroado rei e xurou o seu cargo asumindo a xefatura do Estado e na súa mensaxe xa deixaba entrever a súa vontade de promover un cambio político. Ao principio reafirmará no seu cargo a Arias Navarro (que non foi capaz de levar a cabo ningunha reforma democrática real) así que, en 1976, fórzao a dimitir e sucédeo Adolfo Suárez.




Adolfo Suárez sí vai levar a cabo unha serie de reformas para abrir camiño á democracia: aprobou a Lei para a Reforma Política en 1976 que os españois apoiaron nun referedum. Logo decretou a amnistía para os presos políticos e legalizou os partidos existentes (incluido o PCE). Tamén conovocou eleccións en xuño de 1977 (as primeiras libres desde 1936).



Adolfo Suárez presentarase a estas eleccións liderando o partido Unión de Centro Democrático (UCD) e gañaráas. O PSOE foi a segunda forza máis votada, seguido do PCE e de Alianza Popular.

O resto, verémolo noutro capítulo 😉

Ata aquí por hoxe. Calquera dúbida non dubidedes en prantexarma.

Agora deixovos coa tarefa que vos prantexamos a profe Yéssica e máis eu e que vos vai  a servir para obter unha visual completa da evolución económica do franquismo desde a autarquía ata esta mesma fase. 
Recordaide que a solución a esta tarefa debedes enviarnola ás dúas pois contará nas dúas materias.


Unha aperta,

Bea.



Ningún comentario:

Publicar un comentario