mércores, 8 de abril de 2020

Benvidos a Little Historiadores online!

Bos días a todos!🙋


Como sabedes, desde que se decretou o confinamento polo COVID19 estamos traballando en liña a materia de Xeografía e Historia. 

Agora que terminastedes de coñecer a II Guerra Mundial en 4ºESO e a época da Prehistoria en 1ºESO, imos navegar polos seguintes acontecementos da Historia.

Para os súper investigadores de 1º ESO seguiremos traballando con EDMODO, xa tendes o código da clase na aula que compartides actualmente coa profe Sandra pero compartímolo tamén aquí para que non quede ningún despistado: mnueah
Polo momento xa están na aula sete alumnos, esperovos ao resto!

Os alumnos de 4ºESO seguirán traballando con Google Classroom como ferramenta de comunicación principal, e prácticamente todos estades xa nas correspondientes aulas virtuais. De todos modos comparto aquí os códigos de aula:

4ºESO A: rbbcxw4
4ºESO B: ragaixp

Como primeira tarefa para os alumnos de 4ºESO, e só para sondear os vosos coñecementos previos, elaboramos un test que podedes contestar aquí:


A data límite para contestar é o 17 de abril, así que... a desfrutar da Semana Santa!

Unha gran aperta para todos!

Arco iris cubierto de nubes y fondo de cielo | Vector Gratis

mércores, 1 de abril de 2020

NOTAS 2ª EVALUACIÓN



Bos días a todos!

Podedes consultar as notas da 2ª avaliación  a través da aplicación “Abalar Móbil”. Os que non a teñades descargada, podedes ver as instrucións no seguinte enderezo:
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf

martes, 1 de xaneiro de 2019

3º ESO VALORES ÉTICOS_ A Unión Europea nas nosas vidas



Bos días a todos!!! 🌞

Hoxe imos a reflexionar sobre o papel da Unión Europea nas nosas vidas.
Para iso, o único que tendes que facer esta semana é enviarme unha pequena reflexión escrita (ou en vídeo se o preferides) sobre o papel que vós pensades que ten a Unión Europea nas nosas vidas sinalando por que credes que é importante pertencer a ela e en que credes que mellora as nosas vidas. Ademáis, podedes reflexionar sobre o seu papel na loita contra o coronavirus e na axuda que, unha vez pase esta crise sanitaria, nos poderá dar para solventar unha posible crise económica derivada do COVID19.

Nada máis!

Calquera preguntiña podedes facerma ao meu email b.nieto.ou@gmail.com

Unha aperta ben grande!

Bea 🌈

luns, 17 de setembro de 2018

Benvidos/as!!!

Comezamos un novo curso e con el chegan novos Little Historiadores ás nosas aulas!!!

A través deste canle, do noso Facebook e dos perfís do noso cole manterémosvos informados de todas as aventuras que estes pequenos historiadores corran! 
Polo de agora comenzamos, de novo, a nosa andadura como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo emocionados e moi ilusionados!

Que as musas vos inspiren sempre!!

Let's Go!!