Como sabedes, desde que se decretou o confinamento polo COVID19 estamos traballando en liña a materia de Xeografía e Historia.
Agora que terminastedes de coñecer a II Guerra Mundial en 4ºESO e a época da Prehistoria en 1ºESO, imos navegar polos seguintes acontecementos da Historia.
Para os súper investigadores de 1º ESO seguiremos traballando con EDMODO, xa tendes o código da clase na aula que compartides actualmente coa profe Sandra pero compartímolo tamén aquí para que non quede ningún despistado: mnueah
Polo momento xa están na aula sete alumnos, esperovos ao resto!
Os alumnos de 4ºESO seguirán traballando con Google Classroom como ferramenta de comunicación principal, e prácticamente todos estades xa nas correspondientes aulas virtuais. De todos modos comparto aquí os códigos de aula:
4ºESO A: rbbcxw4
4ºESO B: ragaixp
Como primeira tarefa para os alumnos de 4ºESO, e só para sondear os vosos coñecementos previos, elaboramos un test que podedes contestar aquí:
A data límite para contestar é o 17 de abril, así que... a desfrutar da Semana Santa!
Unha gran aperta para todos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario