Onte cumpría o prazo para enviar a primeira tarefa que vos propoñía e, aínda que todos os que a fixestedes xa tendes a vosa corrección personalizada, deixo aquí a resolución do exercicio para que todos poidades comprobar se fallastedes en algo.
Hoxe continuamos co tema da Guerra Fría🌐 e para iso imos botarlle un ollo ao documento que vos adxunto 📌. As tarefas que hai que facer van dentro do mesmo pero deixovolas enumeradas a continuación por se alguen perde algunha. Recordaide que esta presentación é interactiva e tendes que clickar enriba de cada sinal para que se abra información adicional.
Enumerar as fases do conflicto e clasificar os conflictos internos na que corresponda.
Buscar os conflictos da Guerra Fría que non aparezan na presentación (hai pistas no desplegable da diapositiva 21) e explicar brevemente o que ocorreu.
Investigar sobre algúns protagonistas dos que non falamos na presentación pero que teñen moitísima relevancia.
Identificar o obxecto que aparece no cartel de Kennedy e que "nace" durante este conflito. Explicar para que sirvía.
Identificar o que representa a seguinte imaxe e explicar para que servía e que ten que ver co título da presentación.
Nesta ocasión tendes ata a semana que vén para facelo (ata o mércores, día 22) 📅.
As preguntas responderánse cun documento de word/google docs ou similar (podedes facelo como queirades, se queredes utilizar una app tipo genially, canvas, ppt... podedes).
Aquí vos deixo a presentación:
Calquera dúbida, coma sempre, podedes plantexarma por correo electrónico ou no taboleiro da nosa aula de Google Classroom 😉.
Bos días a todos!!👋 Hoxe imos a avanzar un chisquiño na historia da civilización Mesopotámica. Necesitamos arrancar a nosa máquina, e para iso, temos que meter os datos duns mapiñas na súa base de datos. PTemos que ter claro con que nos imos a atopar "por si las moscas"... non vaia a ser que nos pillen e non poidamos volver! Como o imos facer? O primeiro é informarse! Asi que deixivos dous videos sobre este tema, podedes ver o que queirades ou os dous! . No primeiro atoparedes un video sobre Mesopotamia en Sumeria e no segundo unha explicación máis xeral, podedes escoller o que máis vos guste para ollar!
De seguido podedes consultar o voso libro de texto ( nas páxinas 172, 173, 174 e 175) e ler un chisquiño sobre esta o nacemento das sociedades fluviais e, en concreto, Mesopotamia. Se non o tendes a man podedes empregar o documento que vos adxunto que ten información preparada por min sobre a primeira parte deste tema.
Comenzaremos este trimestre traballando sobre a Guerra Fría e como primeira actividade deste tema, imos a visualizar o seguinte video para ter unha idea xeral do mesmo. É un video cortiño que nos vai a servir para obter unha idea xeral do conflicto, logo de que o visualicedes e resolvamos as vosas primeiras cuestións imos a profundizar máis no tema. Así que, despois de velo pasade ao seguinte cuestionario e... comecemos!
Unha vez visualizado o video imos a contestar este pequeno cuestionario con só 7 preguntas para asentar as claves do conflicto.
Calquera dúbida, xa sabedes que podedes contactar conmigo por email ou no taboleiro da nosa aula de Google Classroom.
A data tope para cubrir este pequeniño cuestionario é o 17 de abril, este venres.