Hoxe deixovos as últimas tarefas de repaso. Neste caso son dos temas de Exipto e Mesopotamia, Grecia e Roma e, para non cargarvos, só son tres exercicios tipo test moi, moi faciliños que podedes facer en dez minutiños.
Para traballar istes temas deixovos catro videos de Academia Play onde explican moi rapidiño as cuestións clave de cada un por se queredes repasar de forma visual.
Imos agora coas tarefas. Podedes encontralas facendo click nos seguintes links:
Recordaide que unha vez escollido o tema temos que facer unha manualidade que o represente, por exemplo: unha maqueta, un debuxo nunha cartulina grande, disfrazarse coa súa familia e dicirlle a profe qué representa, unha manualidade con material de refugallo (canutillos de papel, vasos de plástico, cartón...o que sexa), momificar un peluche ou boneco vello, facer unha coroa de faraón, inventar unha canción...
Continuamos de viaxe polo Antigo Exipto 👉 ⃤ e hoxe imos a organizar a semana enteiriña!📅
Para continuar repasando os puntos fundamentais do tema que estamos a ver, imos a realizar dúas actividades esta semana e unha visualización da explicación da profe.🙋
Para que non se nos perda nada polo camiño imos ir pasiño a pasiño e veremos como nos irmos a organizar:👀
1. A profe subirá un vídeo con unha explicación do tema que estamos vendo. Esta explicación xa a podedes ver hoxe na nosa aula de Edmodo.
2. Se temos algunha dúbida do tema plantexámola!!😥😉
3. Resolvemos unha tarefa sobre os deuses exipcios e as construccións exipcias. Esta tarefa podedes atopala xa aquí 👇:
4. Cada un escolle un traballo da lista que nos vai subir a profe mañá e dille cal quere facer para que o anote e non se repita.
5. Unha vez escollido o tema temos que facer unha manualidade que o represente, por exemplo: unha maqueta, un debuxo nunha cartulina grande, disfrazarse coa súa familia e dicirlle a profe qué representa, unha manualidade con material de refugallo (canutillos de papel, vasos de plástico, cartón...o que sexa), momificar un peluche ou boneco vello, facer unha coroa de faraón, inventar unha canción...
6. Que temas podemos escoller? Ollea a lista que vos subirei mañá e escolle un.
Para responder correctamente as preguntas debedes ver primeiro os dous vídeos de Academia Play que compartín con vós a mañá (adxunto tamén aquí por se alguén non o da atopado).
Podedes axudarvos tamén do libro de texto se non sabedes algunha resposta e se aínda tedes algunha cuestión ou non entendedes algunha cousiña, non dubidedes en preguntarme por aquí ou ao meu email (b.nieto.ou@gmail.com)
Como xa vos dixen, hoxe imos empezar a traballar co Antigo Exipto. Para ilo imos a visionar primeiro uns pequenos clips de vídeo que nos van facer entender todo a perfección.
Dentro vídeos!
Estos dous vídeos de Academia Play son de obrigado visionado para ter unha idea clara e rápida do tema que imos a estudar:
Os vídeos que atoparedes a continuación son opcionais, podedes escoller os que queirades.
Este que vos deixo a continuación podedes velo cos vosos papis pois seguro que recordan esta serie de debuxos que se emitía cando eles tiñan a vosa idade, Érase una vez el hombre:
Despois podedes pórlle vós a iles iste capítulo de Lego, "A maldición do faraón" e entre todos observar as diferencias que exiten entre os debuxos de antes e os de agora!
Y aquí os queda otro que explica de forma muy sencillita y con imágenes reales este tema:
Se tedes tempo e vos apetece podedes ver coa vosa familia a película "El príncipe de Egipto" de Dreamworks que se pode atopar aquí:
Logo imos a entrar no seguinte enderezo e buscar o voso nome en xeroglífico, ese será o identificador que empregaremos para as tarefas, así que debedes debuxalo na vosa libreta e escribir debaixo o voso nome!
Bos días a todos! Hoxe deixeivos un pequeno vídeo cun breve repaso polo tema que acabamos de ver colgado na nosa aula de Edmodo. Como podedes apreciar non son unha profe-youtuber experta 😝 polo que vós, que "controlades" do tema, podedes darme consellos 😊 A continuación comenzaremos co seguinte tema: Exipto. Este tema é moi moi interesante é de seguro que vos vai a gustar. A primeira actividade consistirá na visualización duns pequenos clips de vídeo e dunha pequena explicación da profe que atoparedes na nosa aula de Edmodo. Polo e agora deixovos aquí un capítulo do programa Aprendemos en casa de Rtve no que, se vos apetece, podedes dar un paseo desde a Prehistoria ata as Cruzadas da Idade Media.
Bos días a todos!!👋 Hoxe imos a avanzar un chisquiño na historia da civilización Mesopotámica. Necesitamos arrancar a nosa máquina, e para iso, temos que meter os datos duns mapiñas na súa base de datos. PTemos que ter claro con que nos imos a atopar "por si las moscas"... non vaia a ser que nos pillen e non poidamos volver! Como o imos facer? O primeiro é informarse! Asi que deixivos dous videos sobre este tema, podedes ver o que queirades ou os dous! . No primeiro atoparedes un video sobre Mesopotamia en Sumeria e no segundo unha explicación máis xeral, podedes escoller o que máis vos guste para ollar!
De seguido podedes consultar o voso libro de texto ( nas páxinas 172, 173, 174 e 175) e ler un chisquiño sobre esta o nacemento das sociedades fluviais e, en concreto, Mesopotamia. Se non o tendes a man podedes empregar o documento que vos adxunto que ten información preparada por min sobre a primeira parte deste tema.
Desde Mespotamia a Exipto: nacen as primeiras cidades!
Como xa sabedes neste trimestre o primeiro que imos a facer é mergullarnos na civilización mesopotámica e exipcia.
Nesta ocasión imos a converternos en arqueólogos profesionais e a averiguar todo o posible sobre estas dúas enormes civilizacións. Para iso imos a montar nunha molona máquina do tempo que temos no noso laboratorio e viaxar ata aquelas épocas para coñecer todo o posible sobre elas, pero... a onde imos? Hai que meterlle as coordenadas exactas a máquina! e... a que ano viaxamos? Habrá que discubrilo... mans á obra!!!
A primeira tarefa é ben sinxela, só necesitamos ubicalas nun mapa para arrancar a nosa máquina, así que... imos alá! Tedes as instrucións na seguinte imaxe interactiva (pinchade en cada numeriño) e a seguir da mesma, tamén volas deixo escritas sin complicacións, para que todo o mundo as entenda ben.
DATA MÁXIMA ENTREGA: Venres, 17 de maio. A través da nosa clase de Edmodo ou á dirección b.nieto.ou@gmail.com
1º paso: Tedes que buscar un mapa no que localicedes Mesopotamia e Exipto e, como xa estudastedes coa profe Sandra todos os países e xeografía do mundo, tendes que decirme sobre que países actuais estaban estes dous imperios.
2º paso: A que época viaxamos? Tedes que atopar o milenio no que empezaron ambas civilizacións e cando, máis ou menos, rematou.
3º paso: Mandarllo á profe!!!
Cando teñades a información necesaria para arrancar a máquina, achegareivos uns pequenos vídeos para informarnos ben de a onde nos diriximos.