mércores, 15 de abril de 2020

A Guerra Fría cont. 4ºESO


Bos días a todos!!👋


Hoxe continuamos co tema da Guerra Fría🌐 e para iso imos botarlle un ollo ao documento que vos adxunto 📌. As tarefas que hai que facer van dentro do mesmo pero deixovolas enumeradas a continuación por se alguen perde algunha. Recordaide que esta presentación é interactiva e tendes que clickar enriba de cada sinal para que se abra información adicional.
  1. Enumerar as fases do conflicto e clasificar os conflictos internos na que corresponda.
  2. Buscar os conflictos da Guerra Fría que non aparezan na presentación (hai pistas no desplegable da diapositiva 21) e explicar brevemente o que ocorreu.
  3. Investigar sobre algúns protagonistas dos que non falamos na presentación pero que teñen moitísima relevancia.
  4. Identificar o obxecto que aparece no cartel de Kennedy e que "nace" durante este conflito. Explicar para que sirvía.
  5. Identificar o que representa a seguinte imaxe e explicar para que servía e que ten que ver co título da presentación.

Nesta ocasión tendes ata a semana que vén para facelo (ata o mércores, día 22) 📅. 
As preguntas responderánse cun documento de word/google docs ou similar (podedes facelo como queirades, se queredes utilizar una app tipo genially, canvas, ppt... podedes).

Aquí vos deixo a presentación:


Calquera dúbida, coma sempre, podedes plantexarma por correo electrónico ou no taboleiro da nosa aula de Google Classroom 😉.

Un aperta!
Bea🌈

Ningún comentario:

Publicar un comentario