Amosando publicacións coa etiqueta Mesopotamia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mesopotamia. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de xuño de 2020

Teño pendente Xeografía e Historia de 1º ESO_ Temas 6, 7 e 8


Bos días a todos!🌞

Hoxe deixovos as últimas tarefas de repaso. Neste caso son dos temas de Exipto e Mesopotamia, Grecia e Roma e, para non cargarvos, só son tres exercicios tipo test moi, moi faciliños que podedes facer en dez minutiños.


Para traballar istes temas deixovos catro videos de Academia Play onde explican moi rapidiño as cuestións clave de cada un por se queredes repasar de forma visual.






Imos agora coas tarefas. Podedes encontralas facendo click nos seguintes links:




Calquera dúbida podedes prantexarma por correo electrónico (en b.nieto.ou@gmail.com) e estarei encantada de axudarvos. 

Unha aperta,
Bea.

luns, 27 de abril de 2020

1º ESO Repaso Mesopotamia e comezo dunha nova aventura.

Bos días a todos!

Hoxe deixeivos un pequeno vídeo cun breve repaso polo tema que acabamos de ver colgado na nosa aula de Edmodo. Como podedes apreciar non son unha profe-youtuber experta 😝 polo que vós, que "controlades" do tema, podedes darme consellos 😊

A continuación comenzaremos co seguinte tema: Exipto. Este tema é moi moi interesante é de seguro que vos vai a gustar. A primeira actividade consistirá na visualización duns pequenos clips de vídeo e dunha pequena explicación da profe que atoparedes na nosa aula de Edmodo.

Polo e agora deixovos aquí un capítulo do programa Aprendemos en casa de Rtve no que, se vos apetece, podedes dar un paseo desde a Prehistoria ata as Cruzadas da Idade Media.





Unha aperta ben grande

PD/ Agardo millorar como profe-youtuber porque se nón... :)

Bea🌈

xoves, 23 de abril de 2020

Celebramos o VII Festival do Libro 1ESO

Bos días a todos!!🌞

Hoxe, para celebrar o Día do Libro dentro do noso VII Festival do Libro, imos a xogar coa cuna da escritura, sí, con Mesopotamia. 
Deixovos aquí e na vosa clase de Edmodo varios xogos de diferente dificultade para divertirnos repasando!

O primeiro é un crucigrama para campións! Imos alá!


A continuación temos dous xogos faciliños para ordear dúas palabras ocultas.



E por último, dous xogos de relación. Cal é o máis doado?
Este primeiro é para relacionar imaxes:


Neste outro temos que relacionar palabras:



Agardo que vos gustasen!😍
Unha aperta moi grande
Bea🌈

luns, 20 de abril de 2020

Seguimos en Mesopotamia! 1ESO


Bos días a todos!!👋🌞


Como pudistedes ver no noso grupo de Edmodo, acabamos de subir a derradeira tarefa de Mesopotamia. É o último escalón para arrancar a nosa Máquina do Tempo Molona. No documento que vos adxuntei (e que vos deixo aquí tamén), vai incluída algunha información adicional e por iso é algo máis longo do xeral. 


Como xa vistedes tamén non tendes que entregala ata a semana que vén (e aínda o día 18, recordade que logo sigue quedando a tarefa aberta pero seguimos traballando) porque aínda que hoxe e mañá podedes porvos mans á obra dende o mércores estaremos moi ocupados e é que...
Esta semana estamos moi contentos no cole porque celébrase xa a séptima edición do Festival do Libro 📕. Este ano baixo o lema "Ler é poder", que bonito!😍

Por elo o único que tendes que facer é entrar neste link que vos deixo, darlle o símbolo + (abaixo á dereita) e engadir o título e autor do voso libro favorito. Ánimo! que temos moito tempo libre ahora e así podemos ler novos libros que nos reconmededes.


Made with Padlet

A continuación deixovos o programa para esta semana, polo que o mércores, xoves e venres xa tendes cita! non o olvidedes!


Unha aperta ben grande,
Bea.🌈



venres, 17 de abril de 2020

1ESO Corrección primeira tarefa


Bos días a todos!👋

Onte cumpría o prazo para enviar a primeira tarefa que vos propoñía e, aínda que todos os que a fixestedes xa tendes a vosa corrección personalizada, deixo aquí a resolución do exercicio para que todos poidades comprobar se fallastedes en algo.


Unha aperta ben grande para todos!
Bea.🌈

mércores, 15 de abril de 2020

As grandes civilizacións urbanas: Mesopotamia 1ª parte 1ESO


Bos días a todos!!👋

Hoxe imos a avanzar un chisquiño na historia da civilización Mesopotámica. Necesitamos arrancar a nosa máquina, e para iso, temos que meter os datos duns mapiñas na súa base de datos. PTemos que ter claro con que nos imos a atopar "por si las moscas"... non vaia a ser que nos pillen e non poidamos volver! 
Como o imos facer?
O primeiro é informarse! Asi que deixivos dous videos sobre este tema, podedes ver o que queirades ou os dous! 
No primeiro atoparedes un video sobre Mesopotamia en Sumeria e no segundo unha explicación máis xeral, podedes escoller o que máis vos guste para ollar!



O segundo podedes velo na seguinte dirección web:

De seguido podedes consultar o voso libro de texto ( nas páxinas 172, 173, 174 e 175) e ler un chisquiño sobre esta o nacemento das sociedades fluviais e, en concreto, Mesopotamia. Se non o tendes a man podedes empregar o documento que vos adxunto que ten información preparada por min sobre a primeira parte deste tema. 


Logo, contestaremos ao fina, as tres cuestións que vos adxunto no último documento.




Moito ánimo para todos!!
Bea🌈

martes, 14 de abril de 2020

Desde Mespotamia a Exipto: nacen as primeiras cidades! 1ºESO

Desde Mespotamia a Exipto: nacen as primeiras cidades!




Como xa sabedes neste trimestre o primeiro que imos a facer é mergullarnos na civilización mesopotámica e exipcia. 
Nesta ocasión imos a converternos en arqueólogos profesionais e a averiguar todo o posible sobre estas dúas enormes civilizacións. Para iso imos a montar nunha molona máquina do tempo que temos no noso laboratorio e viaxar ata aquelas épocas para coñecer todo o posible sobre elas, pero... a onde imos? Hai que meterlle as coordenadas exactas a máquina! e... a que ano viaxamos? Habrá que discubrilo... mans á obra!!!

Fonte imaxe: https://www.infantilnoisidro.blogspot.com.es

 A primeira tarefa é ben sinxela, só necesitamos ubicalas nun mapa para arrancar a nosa máquina, así que... imos alá!

Tedes as instrucións na seguinte imaxe interactiva (pinchade en cada numeriño) e a seguir da mesma, tamén volas deixo escritas sin complicacións, para que todo o mundo as entenda ben. 

 DATA MÁXIMA ENTREGA: Venres, 17 de maio. A través da nosa clase de Edmodo ou á dirección b.nieto.ou@gmail.com




  •  1º paso: Tedes que buscar un mapa no que localicedes Mesopotamia e Exipto e, como xa estudastedes coa profe Sandra todos os países e xeografía do mundo, tendes que decirme sobre que países actuais estaban estes dous imperios.
  • 2º paso: A que época viaxamos? Tedes que atopar o milenio no que empezaron ambas civilizacións e cando, máis ou menos, rematou.
  • 3º paso: Mandarllo á profe!!! 
Cando teñades a información necesaria para arrancar a máquina, achegareivos uns pequenos vídeos para informarnos ben de a onde nos diriximos.

Arrancamos?