sábado, 13 de febreiro de 2016

Recordamos como se comenta!

Bos días historiador@s!!!!

Pola gran demanda popular, paso a resumir, de novo, os puntos clave dun bo comentario de texto!


  • Recordade que estos son os puntos que nós empregamos nos nosos comentarios e que para poder levalos a cabo sen ningún problema, debedes preparar o tema correspondente!

PREVIOLemos o texto e subraiamos a idea principal e as ideas secundarias - cousas importantes, que nos den pistas sobre o tema do texto, seus antecedentes ou consecuencias, e  que despois se poidan/deban comentar- .

0. PRESENTACIÓN DOTEXTO. Neste apartado realizamos varias accións.
  1. Primeiro dicimos QUÉ É  e PARA QUÉ É (básicamente, identificámolo e dicimos con qué intención foi realizado).
  2. CLASIFICÁMOLO:
  • Texto histórico-xurídico: ten carácter legal; establece normas de Dereito a nivel nacional ou internacional. (Lei, constitución, decreto, tratado...).
  • Texto histórico- económico: contenido de índole económico 
  • Texto histórico-circunstancial: o autor do texto está vinculado ao proceso histórico que describe pero non realiza ningún xuízo de valor subxectivo do proceso histórico nin ten carácter legal (discurso, proclama, artigo de prensa —agás editoriais ou artigos de opinión—, declaración, informes de tipo económico ou social, acordos ou resolucións sen carácter legal,etc.).
  •  Texto histórico-literario: como no caso anterior, o autor está vinculado ao proceso histórico que narra , pero o texto adoita emanar directamente da acción persoal do autor, polo que ten un marcado carácter subxectivo pois reflicte este proceso desde o seu punto de vista (memorias, autobiografías, cartas, notas persoais, obras literarias e de pensamento que recollen e testemuñan a realidade social, etc.).
  •  Texto historiográfico: cando se trata da obra dun historiador ou autor posterior aos feitos, aos que trata con finalidade investigadora e científica como estudo ou análise do pasado histórico
      3.  Decimos quén é o AUTOR e CANDO o escribiu. 

   4. Engadimos a QUÉN vai dirixido (p. e. ó conxunto de países vencendores da 1ª G Mundial/ ó conxunto da poboación, etc.)



1. Unha vez decidimos o feito sobre o que fala o texto,  neste apartado redactamos as CAUSAS ou ANTECEDENTES do mesmo. Si algunha das cousas que vamos relatando xa está citada no texto, apuntámolo: " como se pode ver na liña tal" "como se pode observar na anotación do autor "tal"", etc. É dicir, si se pode, vamos realizando ALUSIÓNS Ó TEXTO.
2. Esta parte é o corpo principal do comentario. Falamos do tema principal do texto: ¿De qué feito concreto nos fala? CONTEXTO HISTÓRICO.  Desenvolvémolo, e aquí son importantísimas as alusións ó texto, senón sería sinxelamente un tema.
3. Por último, as CONSECUENCIAS do feito analizado. Ídem coas alusións, neste caso, si é posible.



4. Esta é, xunto co Contexto, a parte máis importante dun bo comentario de texto. AS CONCLUSIÓNS.
¿Cómo as facemos? Para que sexa máis fácil, de momento facémolas en dúass partes:

  • Un breve resumen do exposto anteriormente (unha liña por apartado, p. e.: Tal feito (liña causas) provocou tal cousa (liña contexto, idea principal obxeto de análise) e como consecuencia sucedeu/ desencadeouse tal cousa (liñaa consecuencias). NON ENGADIMOS NINGUNHA INFORMACIÓN NOVA. Só é parafrasear/resumir o que puxemos arriba.
  • Unha vez exposto o obxeto de análise do noso comentario, engadimos unha valoración do feito a longo plazo: ESTA É A PARTE QUE MÁIS VOS COSTA. IMOS ALÁ!
    • Consiste en analizar o feito no  conxunto da historia, as súas repercusións a longo prazo, qué importancia tuvo na Historia, ¿aínda se pode observar "algo" derivado dese acontecemento?.
  • Por exemplo: No texto do tema "A Primeira Guerra Mundial",  "Os 14 Puntos de Wilson", falástedes sobre a organización da paz e a formación da Sociedade de Nacións. Poderiades entón, concluir reflexionando sobre que, aínda que a SdN non obtivo éxito derivou na formación, tras a II G Mundial, da ONU, organismo que ainda pervive hoxe en día e  que mantén vivos os obxetivos da primera. Tamén poderiádes reflexionar sobre as consecuencias a longo plazo das imposicións nos tratados de paz a Alemaña, pois esas imposicións van a derivar nos factores que desencadearon, en boa parte, a II Guerra Mundial. 
ERRORES
  • A Conclusión histórica NON é unha OPINIÓN PERSOAL e non debedes incluíla. 
  • A Conclusión diferénciase das Consecuencias en que, neste caso, facemos unha análise de perspectiva histórica .
  • Outro error moi común é o de PARAFRASEAR o texto : non se aporta nada novo, repítese o mesmo que relata o texto, con outras palabras. Como non se aporta nada da a sensación que non se estudiou o  tema, .
  • Do mesmo modo, desenvolver o tema, sen aludir o texto é un erro. Non debemos esquecer que o que estamos facendo é comentar UN TEXTO, non desenvolvendo unha pregunta TEMA.
E recordade...
Que as musas vos inspiren sempre!!!

mércores, 13 de xaneiro de 2016

A Primeira Guerra Mundial (4º ESO)

Boas  tardes historidor@s!!!


Estamos a traballar na aula a Primeira Gran Guerra, a primeira guerra  que envolveu no conflito  países de tódalas partes do planeta.

A Gran Guerra estalou en 1914 e non rematará ata o 11 de novembro de 1918, cando o goberno alemán firme o armisticio que lle poña o conflito punto e final.

Nestos primeiros días de clase, á volta das vacacións, estivemos analizando as causas e desenvolvemento de esta guerra, aínda que moitas xa nos eran ben coñecidas por habelas traballado no tema anterior: O Imperialismo.

E é que, de feito, como todos concluímos, os roces provocados polo afán expansionista das principais potencias irán preparando o camiño para o problema que se aveciñaba.
As causas foron complexas e profundas. 

                1. Rivalidades entre as grandes potencias europeas

                     - A carreira colonial: África repartírase entre as diferentes potencias na Conferencia de Berlín (1884- 1885) pero Alemania desexaba territorios no norte do continente, exactamente, en Marrocos.
En Marrocos, baixo mans  españolas e francesas, estos últimos pensaba establecer un protectorado. Alemaña queríao impedir posto que ansiaba a zona. Hooubo dúas crises na zona, coñecidas como as Crises Marroquíes (1905 e 1911), pero co apoio de Reino Unido ós franceses, Alemaña tivo que acabar recoñecendo os protectorados franceses e españois sobre Marrocos.
Caricatura sobre Alemania e o problema marroquí. Fonte:historiamaestradelavida
                   - As rivalidades entre Francia e Alemaña non remataban aquí: Francia reclamaba a súa soberania sobre os territorios de Alsacia e Lorena, que perderan no ano 1870 na guerra franco-prusiana.
Portada de noveliña de época onde se reclama a soberania sobre as provincias perdidas. Fonte: granguerra.crearforo.com
                       - Conflictos nos Balcáns: os Imperios Austro-húngaro e Ruso disputaránse seguidamente o control político e económico desta zona. 
A "Cuestión de Oriente", será outro dos puntos candentes da política internacional desde mediados do século XIX. O desmoroamento do Imperio Otomán (hoxe Turquía) propiciará que algúns pobos pidan e consigan a independencia (Serbia,  Grecia, Romanía e Bulgaria) ao mesmo tempo que alentará os intereses de dominio da zona de Rusia e Austria. Entre 1908 e 1913 houbo tres crises na zona. 
En 1908, Bosnia- Herzegovina anexionase a Austria. Serbia pretendía unha unión de tódolos pobos eslavos do sur, así que que non reaccionna ben ante a unión, pero non atopa apoio internacional; en 1912 fórmase a Liga Balcánica (Serbia,  Grecia, Montenegro e Bulgaria, co apoio ruso) e reconócese a independencia de Albania. O obxectivo da liga era o de repartirse os territorios otomanos de entre o Adriático e o Exeo, pero o reparto orixinará unha guerra entre Bulgaria e Serbia (esta apoiada polo resto de Estados Balcánicos, co que sairá gañadora). Tras o conflito, Serbia amplia fronteiras e Rusia asenta o seu poder na zona a costa de Austria.
Fonte: antesgranguerra.wordpress.com
Fonte: granguerra.blogspot.es
                  2. A  formación de alianzas
Desde 1907 as potencia europeas establecen lazos de cooperación en forma de dúas alianzas enfrontadas:
- Triple Alianza - Imperios Centrais: nun principio formada por Alemaña, Austria- Hungría e Italia. 
Creada por Bismarck en 1882.
Obxectivos: Carácter defensivo/ aislar a Francia/ política de equilibrio nos Balcáns
Cando o emperador Guillerme II accede ó trono --> Cambio política exterior -> Weltpolitik
Expansionismo/ militarismo/ desenvolvemento flota guerra (2ª do mundo)
O kaiser Guillerme II xunto con dous xerais.Fonte: Nación.com
- Triple Entente: Francia, Reino Unido e Rusia. 1907.

                 3. Carreira de Armamentos
- Paz Armada- período 1890- 1914
- Período de tensións: aumento efectivos militares e material de guerra dos diferentes países. Melloras armamentísicas aplicando avances da II Revolución Industrial. Posturas diplomáticas máis duras. Nacionalismos en Alemaña e Francia: exaltación bélica.
- Inquietude entre a poboación: os gobernos insisten no perigo para xutificar a súas políticas. A opinión pública xeral non era favorable a guerra.

Oficina de reclutamento británica- Fonte: Claseshistoria               
4. O DETONANTE.
Ademáis destas causas, máis profundas, un feito vai desencadenar a declaración da guerra.
O 28 de xuño de 1914, o arquiduque Francisco Fernando, herdeiro o trono austríaco, e a súa esposa, viaxan a Saraievo (Bosnia) para asentar o seu poder sobre a zona.
Un estudante, Gavrilo Prinzip, de ideoloxía nacionalista, asasina ó hedeiro.
Austria lanza entón un ultimatúm a Serbia, esixindo unha investigación do caso. Serbia acepta algunhas esixencias de Austria, pero non todas, polo que Austria, considerando esto insuficiente,  decláralle a guerra. Atopámonos a día 28 de xullo de 1914. O día 30, Rusia posiciónase a favor  de Serbia.


Todo o mecanismo de alianzas ponse a traballar: Alemaña responde por parte de Austria, tras as declaracións rusas. De paso, decide unha campaña sobre Francia. Francia, pola súa parte, entrará a favor de Rusia e responderá os ataques alemáns. 
Faltaba Reino Unido. Nin tan sequera Francia sabía que ía facer pero, o 4 de agosto, intervén ante a penetración de Alemaña en Bélxica.
Caricatura da época. Os diferentes países dispútanse "os amores" de Italia.
Fonte: granguerra.crearforo.com

Italia, pola súa banda,manterase neutral.

Aquí vos deixo un  Mind Map que recolle as causas e desenvolvemento do conflicto. Podédelo descargar e pegar na libreta.
Na seguinte entrada falaremos das fases e consecuencias do conflito!

Que as musas vos inspiren sempre!!!

sábado, 19 de decembro de 2015

Os Comentarios de Texto!

Bos días e Bo Nadal Historiador@s!!!


Agora que estamos tod@s de vacacións é un bo momento para practicar os comentarios de texto.

Nas últimas semanas de clase estivemos vendo como se comentan textos de tipo histórico. Traballamos cun esquema de análise básico para facer un primeiro acercamento ó tema, pero ahora que xa sodes uns expertos na materia, imos profundizar un pouquiño máis no tema.

No noso primeiro contacto cos comentarios seguimos cinco puntos básicos: primeiro presentabamos o texto, despois sinalabamos os antecedentes/ causas do feito para, en terceiro lugar, desenvolver o contexto do tema sobre o que se nos estaba a falar. Non nos olvidabamos en ningún momento de ir ligando todas as ideas co texto, pois ahí radica unha das claves dun bo comentario de texto!
Tras expor as consecuencias que o feito ou proceso tivera, acababamos o noso comentario cunha boa conclusión!
Nesta última, non expomos a nosa opinión persoal: como bos historiador@s ubicabamos o feito no conxunto da historia, reflexionando sobre a súa pegada a largo prazo e sobre a importancia do mesmo para o devir histórico en xeral.

Pois ben, unha vez dominado este primeiro nivel, imos a polo segundo! Traballaremos e desenvolveremos máis polo miudo cada un dos diferentes apartados. Pero antes de comenzar, ahí van un par de consellos:

- O comentario debe comenzar por unha primeira lectura xeral que proporcione os datos esenciais acerca do seu significado, marco histórico no que se inscribe, etc
- A continuación, realízase unha segunda lectura máis pausada que inclúa o subliñado dos seus puntos máis significativos, anotando as expresións ou ideas que non resulten demasiado claras e destacando o principal do secundario. 
- As anotacións marxinais son moi útiles para sinalar bloques temáticos, facer chamadas que aclaren pasaxes do texto, breves comentarios, etc
- En textos longos, resulta moi útil numerar as liñas (como máximo de cinco en cinco) para gañar tempo e saber en que lugar concreto atópanse as ideas que queremos destacar ou repetir no curso da explicación. 

Ben, tendo en conta estos consellos iniciamos o 2º Nivel!

1. Primeiro, imos a clasificar o texto:

- Que tipo de texto é? Boa pregunta! Automáticamente todos contestamos a esta cuestión cando lemos un texto, ahora só a temos que pór por escrito:
Segundo o tema que trate, atopámonos con textos de tipo:

Histórico-xurídico: ten carácter legal; establece normas de Dereito a nivel nacional ou internacional. (Lei, constitución, decreto, tratado...).
Histórico-circunstancial: o autor do texto está vinculado ao proceso histórico que describe pero non realiza ningún xuízo de valor subxectivo do proceso histórico nin ten carácter legal (discurso, proclama, artigo de prensa —agás editoriais ou artigos de opinión—, declaración, informes de tipo económico ou social, acordos ou resolucións sen carácter legal, etc.). 
Histórico-literario: como no caso anterior, o autor está vinculado ao proceso histórico que narra, pero o texto adoita emanar directamente da acción persoal do autor, polo que ten un marcado carácter subxectivo pois reflicte este proceso desde o seu punto de vista (memorias, autobiografías, cartas, notas persoais, obras literarias e de pensamento que recollen e testemuñan a realidade social, etc.). 
Historiográfico: cando se trata da obra dun historiador ou autor posterior aos feitos, aos que trata con finalidade investigadora e científica como estudo ou análise do pasado histórico

Existen outras posibles clasificacións válidas para analizar a natureza dun texto.  Así unha segunda distingue:

-texto documento (inscricións, informes, memorias, cartas, crónicas, tratados, diarios, recordos, relatos de viaxes, censos, cartas, discursos, declaracións de principios...)
-texto de autor fonte (textos dos grandes historiadores clásicos, gregos e romanos, sobre todo)
-texto lectura (escritos de autores contemporáneos aos feitos pero de menor entidade que os autores fonte, e dos escritores modernos ou actuais)
-texto narrativo (anais,  xestas, biografías, autobiografías, xenealoxías...)
-textos xurídicos
-textos estatísticos (enquisas, gráficas demográficas, índices de opinión...)
-textos de economía (compravendas, créditos, testamentos,  impostos...)
-textos de hemeroteca (publicados na prensa)
- textos varios (literarios, xeográficos, relixiosos, filosóficos, teolóxicos...). 


Uff! parece moito, non si? pero en realidade, si o pensades, só estamos decindo de que tipo é o contido do texto: doado!


2. Ben, ahora indicamos onde e cando foi escrito. Se o texto nos fala dunha época diferente a de cando foi escrito, citamos os dous tempos. Só é unha breve ubicación espacio- temporal.

3. Nomeamos ó autor. Se é partícipe dos feitos podemos facer unha breve referencia o mesmo, pero sempre ligándoa cos contidos que nos amosa no texto: Que circunstancias fixeron que fose autor do texto? Manifesta no mesmo a súa opinión? De que modo?

4. Por último, neste primeiro apartado, que xa veredes que é o que máis se amplia respecto o anterior nivel, indicamos a quen vai dirixido o texto e cal era a súa intención. Tamén podemos dinstiguir entre o fin que se perseguía co mesmo e o fin logrado, por exemplo!


---------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Moi ben! xa reorganizamos a primeira parte! Se seguides estos pasos vaivos ser moi doado facer comentarios ben organizados! Pero agora ben onde tendes que pór a traballar as vosas neuronas!

Nesta segunda parte facemos unha ANÁLISE do texto. É onde separamos as ideas principais das secundarias e, logo, traballamos liña por liña o que nos conta  o texto. 

1º: Separar ideas principais das secundarias: Esto é o que analizamos primeiro no noso comentario.
: Repasamos liña por liña o texto, analizando o seu contido.






Trucos:
- Definimos conceptos, termos e datos contidos no texto e aclaramos as alusións históricas.
- Explicamos cada parte do texto.





---------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A terceira,e última, parte é a do COMENTARIO en sí.


Consiste en someter o texto a un comentario xeral en relación ao proceso histórico no que se inscribe, determinando tanto os seus antecedentes como o seu alcance e consecuencias.


Esto é determinamos os ANTECEDENTES/CAUSAS do feito; comentamos o seu CONTEXTO HISTÓRICO e, por último, analizamos as súas CONSECUENCIAS.

Finalmente realízase unha crítica do texto (autenticidade, exactitude e posibles erros, interpretación — que dixo e que quixo dicir o autor —...) e unha valoración desde o punto de vista histórico.

Ou sexa, elaboramos una boa CONCLUSIÓN.


Esta parte, xa vos sona, non si? Pois con esto pómoslle punto e final ó noso comentario.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Quizáis, ahora vos parezca unha tolura pero veredes que si colledes estos pasos, pondes o texto diante, e os ides aplicando pasiño a pasiño, é moito máis fácil elaborar un bo comentario!

Deixovos unha pictografía sobre o tema para que vos quede máis claro! E, para quen teña dúbidas... espérovos a volta das vacacións!

Podédelo descargar para ver millor as letras máis pequenas!

Con esto rematamos por hoxe! Que teñades unhas mois boas festas!!
Bo Nadal!!!

Que as musas vos inspiren sempre!!!