Amosando publicacións coa etiqueta Inicial. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Inicial. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de abril de 2020

Canto sabes de,,,? Avaliación Inicial 4ºESO


Ola a todos!!👋

Como actividade de avaliación inicial, para saber canto sabedes xa dos temas que imos a traballar neste trimeste, imos a realizar este pequeno cuestionario 📊. Non vos preocupedes porque é só unha sondaxe 👀. Na cabeceira do mesmo, tendes as instrucións.
Os resultados cheganme automáticamente ao meu correo electrónico e, a través da nosa aula de Google Classroom, poderedes ver os seus resultados. Cando todos contestedes, correxiremos as respostas de forma grupal, a través de videoconferencia programada e/ou consultando as mesmas no noso taboleiro de Google Classroom ou neste mesmo blog.

Empezamos!🌈

Desde Mespotamia a Exipto: nacen as primeiras cidades! 1ºESO

Desde Mespotamia a Exipto: nacen as primeiras cidades!




Como xa sabedes neste trimestre o primeiro que imos a facer é mergullarnos na civilización mesopotámica e exipcia. 
Nesta ocasión imos a converternos en arqueólogos profesionais e a averiguar todo o posible sobre estas dúas enormes civilizacións. Para iso imos a montar nunha molona máquina do tempo que temos no noso laboratorio e viaxar ata aquelas épocas para coñecer todo o posible sobre elas, pero... a onde imos? Hai que meterlle as coordenadas exactas a máquina! e... a que ano viaxamos? Habrá que discubrilo... mans á obra!!!

Fonte imaxe: https://www.infantilnoisidro.blogspot.com.es

 A primeira tarefa é ben sinxela, só necesitamos ubicalas nun mapa para arrancar a nosa máquina, así que... imos alá!

Tedes as instrucións na seguinte imaxe interactiva (pinchade en cada numeriño) e a seguir da mesma, tamén volas deixo escritas sin complicacións, para que todo o mundo as entenda ben. 

 DATA MÁXIMA ENTREGA: Venres, 17 de maio. A través da nosa clase de Edmodo ou á dirección b.nieto.ou@gmail.com




  •  1º paso: Tedes que buscar un mapa no que localicedes Mesopotamia e Exipto e, como xa estudastedes coa profe Sandra todos os países e xeografía do mundo, tendes que decirme sobre que países actuais estaban estes dous imperios.
  • 2º paso: A que época viaxamos? Tedes que atopar o milenio no que empezaron ambas civilizacións e cando, máis ou menos, rematou.
  • 3º paso: Mandarllo á profe!!! 
Cando teñades a información necesaria para arrancar a máquina, achegareivos uns pequenos vídeos para informarnos ben de a onde nos diriximos.

Arrancamos?