Desde Mespotamia a Exipto: nacen as primeiras cidades!
Como xa sabedes neste trimestre o primeiro que imos a facer é mergullarnos na civilización mesopotámica e exipcia.
Nesta ocasión imos a converternos en arqueólogos profesionais e a averiguar todo o posible sobre estas dúas enormes civilizacións. Para iso imos a montar nunha molona máquina do tempo que temos no noso laboratorio e viaxar ata aquelas épocas para coñecer todo o posible sobre elas, pero... a onde imos? Hai que meterlle as coordenadas exactas a máquina! e... a que ano viaxamos? Habrá que discubrilo... mans á obra!!!
Fonte imaxe: https://www.infantilnoisidro.blogspot.com.es |
Tedes as instrucións na seguinte imaxe interactiva (pinchade en cada numeriño) e a seguir da mesma, tamén volas deixo escritas sin complicacións, para que todo o mundo as entenda ben.
DATA MÁXIMA ENTREGA: Venres, 17 de maio. A través da nosa clase de Edmodo ou á dirección b.nieto.ou@gmail.com
- 1º paso: Tedes que buscar un mapa no que localicedes Mesopotamia e Exipto e, como xa estudastedes coa profe Sandra todos os países e xeografía do mundo, tendes que decirme sobre que países actuais estaban estes dous imperios.
- 2º paso: A que época viaxamos? Tedes que atopar o milenio no que empezaron ambas civilizacións e cando, máis ou menos, rematou.
- 3º paso: Mandarllo á profe!!!
Cando teñades a información necesaria para arrancar a máquina, achegareivos uns pequenos vídeos para informarnos ben de a onde nos diriximos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario