Bos días a todos!!🌞
Seguimos co tema da Unión Europea e hoxe imos a achegarnos un pouquiño aos obxectivos que ten marcados.
Cales son os obxectivos da Unión Europea?
- promover a paz, os seus valores e o benestar dos seus cidadáns;
- ofrecer liberdade, seguridade e xustiza sen fronteiras interiores;
- favorecer un desenvolvemento sostible baseado nun crecemento económico equilibrado e na estabilidade dos prezos, unha economía de mercado altamente competitiva con pleno emprego e progreso social, e a proteción do medio ambiente;
- combatir a exclusión social e a discriminación;
- promover o progreso científico e tecnolóxico;
- reforzar a cohesión económica, social e territorial e a solidaridade entre os Estados membros;
- respetar a riqueza da súa diversidade cultural e lingüística;
- establecer unha unión económica e monetaria co euro como moeda.
Como vedes, a Unión Europea loita por defender o benestar dos cidadáns a todos so niveis, ofrecendo liberdade de movementos e capitais, igualdade e equilibrio. Loita contra a discriminación de calquera tipo e contra a contaminación medioambiental e promove o progreso nos ámbitos científico e tecnolóxico xunto coas particularidades de cada país membro (como os diferentes idiomas ou tradicións).
Que tarefa vos plantexo hoxe?
Ben, despois de ler os obxectivos da Unión Europea quero que entredes no seguinte link e me digades en que artigos dos 30 que ten a Declaración Universal de Dereitos do Home pensades que se inspiran os obxectivos da Unión Europea. Credes que son uns bos obxectivos? Engadiriades algún máis?
Nada máis por hoxe,
Calquera dúbida podedes enviarma ao meu correo electrónico b.nieto.ou@gmail.com ou plantexarma na nosa aula de Google Classroom.
Ata a próxima semana!!
Unha aperta!
Bea🌈
Ningún comentario:
Publicar un comentario