Bos días a todos!!! 🌞
Continuamos analizando o papel da Unión Europea nas nosas vidas e hoxe imos a reflexionar sobre os valores que defende, que son:
- A dignidade humanaLa dignidad humana é inviolable. Debe ser respetada e protexida e constitúe a auténtica base dos dereitos fundamentais.
- LiberdadeA liberdade de circulación otorga aos cidadáns o dereito a circular e residir libremente dentro da Unión. As liberdades individuais, como o respeto da vida privada, a liberdade de pensamento, relixión, reunión, expresión e de información, están protexidas pola Carta dos Dereitos Fundamentais da UE.
- DemocraciaO funcionamento da UE baséase na democracia representativa. Ser cidadán europeo significa tamén gozar de dereitos políticos. Todos os cidadáns adultos da UE teñen dereito a votar e a presentarse como candidatos nas eleccións ao Parlamento Europeo. Os cidadáns da UE teñen dereito de sufraxio activo e pasivo no seu país de residencia ou no seu país de orixe.
- IgualdadeA igualdade significa que todos os cidadáns teñen os mesmos dereitos ante a lei. O principio de igualdade entre homes e mulleres sustenta todas as políticas europeas e é a base da integración europea. Aplícase en todos os ámbitos. O principio da igualdade de retribución por un traballo igual introduciuse no Tratado en 1957. Aínda que segue habendo desigualdades, a UE logrou avances considerables.
- Estado de DereitoA UE baséase no Estado de Dereito. Todas as súas actividades réxense polos tratados, acordados voluntaria e democraticamente polos países membros. O Dereito e a xustiza son defendidos por un poder xudicial independente. Os países membros conferiron ao Tribunal Europeo de Xustiza a competencia de pronunciarse de maneira definitiva e as súas sentenzas han de ser respectadas por todos.
- Dereitos humanos
A Carta dos Dereitos Fundamentais da UE protexe os dereitos humanos, entre eles o dereito a non sufrir discriminación por razón de sexo, orixe racial ou étnica, relixión ou conviccións, discapacidade, idade ou orientación sexual, o dereito á protección dos datos persoais, e o dereito de acceso á xustiza.
E aquí vai a tarefa desta semana:
De todos estos valores cal ou cales destacarías pola súa importancia para o conxunto de poboación que formamos a Unión Europea?
Sei que todos son importantísimos, pero destaca algún por encima dos outros e dime por qué escolliches ese.
Crees que sería posible unha Unión Europea se faltase algún destos valores?
Agardo con impaciencia as vosas opinións!
Podedes enviarmas ao correo electrónico no formato que prefirades (vídeo, foto, audio, texto...)
b.nieto.ou@gmail.com
Unha aperta enorme!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario