Bos días a todos! 👋🌞
Continuamos de viaxe polo Antigo Exipto 👉 ⃤ e hoxe imos a organizar a semana enteiriña!📅
Para continuar repasando os puntos fundamentais do tema que estamos a ver, imos a realizar dúas actividades esta semana e unha visualización da explicación da profe.🙋
Para que non se nos perda nada polo camiño imos ir pasiño a pasiño e veremos como nos irmos a organizar:👀
1. A profe subirá un vídeo con unha explicación do tema que estamos vendo. Esta explicación xa a podedes ver hoxe na nosa aula de Edmodo.
2. Se temos algunha dúbida do tema plantexámola!!😥😉
3. Resolvemos unha tarefa sobre os deuses exipcios e as construccións exipcias. Esta tarefa podedes atopala xa aquí 👇:
4. Cada un escolle un traballo da lista que nos vai subir a profe mañá e dille cal quere facer para que o anote e non se repita.
5. Unha vez escollido o tema temos que facer unha manualidade que o represente, por exemplo: unha maqueta, un debuxo nunha cartulina grande, disfrazarse coa súa familia e dicirlle a profe qué representa, unha manualidade con material de refugallo (canutillos de papel, vasos de plástico, cartón...o que sexa), momificar un peluche ou boneco vello, facer unha coroa de faraón, inventar unha canción...
6. Que temas podemos escoller? Ollea a lista que vos subirei mañá e escolle un.
7. Faino, envíame as fotiños e fin deste tema! :)
Tedes todo o tempo que precisedes 😊
Unha aperta!
Bea🌈
Ningún comentario:
Publicar un comentario