Amosando publicacións coa etiqueta lesson plan. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lesson plan. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de febreiro de 2017

Traballamos con Mahara!

Boas tardes historiadores!!!

Hoxe ímosvos amosar como traballan os alumnos de 4ESO deixándovos botar unha ollada ao noso portafolio de Mahara!


Traballamos sobre a protección do Medio Ambiente con Mahara!
Resposta de Leticia R. a dúas das tarefas do Lesson Plan "Navegando el Arte".
Á dereita vemos parte da súa auto- avaliación!

Traballo de Ledicia B. dentro do apartado de escultura do Lesson Plan "Navegando el Arte2

Poema e imaxe de Ana G. Lesson Plan "Eu tamén teño un soño"


Ledicia B. responde algunha das cuestións do Lesson Plan "Navegando el Arte"

Lidia A. fai a súa primeira análise de obras pictóricas. Escolle, nesta ocasión, unha obra de Van Gogh.

Ledicia resume cun completo Mind Map (feito coa utilidade Popplet) os principais elementos arquitectónicos.
¡Que chulo!

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS OS LITTLE HISTORIADORES POR ESFORZARSE ASÍ!

Que as musas vos inspiren sempre!

mércores, 19 de outubro de 2016

O primeiro!!!!!

Boas noites Historiadores!!!

Xa, xa... Non son horas!! Pero é que fai uns intres, fai uns minutiños ocorreu un fito "Little historiador!": Guido Láser, alumno de 4 ESO- B, acaba de rematar o Lesson Plan convertíndose así no primeiro finalista!!!
Guido xa acadou a segunda fase e ten o camiño medio feito no primeiro tema de arte!
Como o fixo? Doado!  Foi pasiño a pasiño, nas casillas de respostas persoais introduxo "Personal" ou "Reflexión Personal" e "envío" nas de enviar cousiñas á profe!
Cando se vio atrancado... CALMA!! Non pasaba nada! Correo á profe (beatriz.nieto@edu.xunta.es) e solucionado!!

Guido aprendeu moitísimo de Arte e da súa evolución co xogo! Deixovos coas súas obras de arte preferidas!!

En Arquitectura, Guido cóntanos que a súa obra favorita é o Partenón de Atenas! Cóntanos que é un dos poucos templos dóricos que se conservan, que foi construído alá polo 447 a.C ao 432 a.C e que está adicado a deusa Atenea, protectora da cidade onde se erixe,  Atenas! Está ubicado na acrópole, ó carón de outros templos ben chulos tamén, como o Erecteion! Vamos, que é unha boa mostra de arquitectura grega...


En escultura, Guido, escolleu unha obra misteriosa, perigosa, diferente! É unha esfinxe!! Unha esfinxe tamén da Arte Grega, foi creada por alguén da illa de Naxos e por iso se coñece como a esfinxe de Naxos!
E que é unha esfinxe? Que facía? Queredelo ver e botades a imaxinación a voar? Pois ahí vai!

Por último, Guido, escolleu unha pintura moooi coñecida, como a súa obra preferida! Seguro que si vos digo "a Gioconda" algún despistado non sepa de que estamos a falar! Pero... E si vos falo da Mona Lisa?? Pois esta pintura de Leonardo da Vinci, gran artista do Renacemento italiano!
Ahora sí, verdade? É unha das obras máis famosas do mundo enteiro, de feito, existen moitísimas "Monas Lisas"... Non me credes?  Pois despídome de vós con elas!
Adiante as Giocondas!!!






Que as musas vos inspiren sempre!!

xoves, 13 de outubro de 2016

Lesson Plan Symbaloo!

Bos días historiadores/as!!

Recórdovos que a clave para rexistrar a vosa participación no Lesson Plan de Arte é o:

76360

As instrucións foron dadas na clase varias veces, se aínda así tendes algunha dúbida podedes escribirme a beatriz.nieto@edu.xunta.es

Recordo as máis importantes:

- Para participar entrades na web lesson plans de symbaloo. Buscade en Google ou http://lessonplans.symbaloo.com
Na esquerda aparece un cuadro no que pon algo así como: introduce o teu número de estudiante. Metedes o 76360 e continuades. Salta unha pantalla para rexitrarvos. É moi doado: só pide nome e apelidos e unha dirección de correo electrónico. Despois de validar a conta, xa podedes empezar!

- Actividades de reflexión persoal: Escribímolas nos comentarios da entrada, firmando co voso nome e curso. No xogo metemos no recuadro a palabra "personal" ou "reflexión personal" e continuamos.

-Actividades de envío á profesora: Elaborámolas e enviámolas á profe, ó correo beatriz.nieto@edu.xunta.es , no recuadro do xogo metemos a palabra "envío" e continuamos.

Ánimo historiadores/as!!!!!

Que as musas vos inspiren sempre!!


xoves, 6 de outubro de 2016

A que andamos?

Bos días historiadores/as!!!!

Benvenidos a un día máis das nosas históricas vidas!
Estos días estamos traballando moitísimo! Póndonos ó día nos acontecementos históricos de séculos ben distintos!

Os alumnos e alumnas de 2ºESO andan mergullados alá polo século V! Estamos nunha Europa ben diferente á actual!!! Os acontecementos non deixan de producir cambios!!!
Estudamos como desde o século III o Imperio Romano entra en crise e é asulagado polas invasións bárbaras: os diferentes pobos xermanos "entran ata a cociña"!! Visigodos e suevos en Hispania, anglos na Britania, galos, vándalos, alanos.... Analizamos como vivían e cales eran as diferenzas da súa organización respecto ós romanos. 
Tamén nos mergullamos nas súas manifestacións artísticas: aquí mesmiño, en Santa Comba de Bande, tiñamos unha mostra xenial de arquitectura visigoda!

Decatámonos de que o Imperio Romano foi dividido en dous (o de Occidente e o de Oriente) e que o de Oriente terá unha vida máis longa có de Occidente! uns mil aniños máis! Estudamos a evolución dese Imperio, que toma o nome de Imperio Bizantino, a súa organización e as súas manifestacións artísticas! Recordades que lles pasaba cas iconas?

Por último, mergullámonos no nacemento do Islam e na arte islámica. Acompañamos a Mahoma nas súas primeiras andanzas e aventuras (fuximos con il desde a Meca a Medina -a héxira- e vimos como daba comezo o calendario musulmán), escoitamos as obrigas de todo bo musulmán e analizámolas unha a unha! Tamén investigamos un pouquiño para coñecer as directrices que da o Corán respecto a súa forma de vida: nada de comer porco nin beber alcohol!
Por último parámonos nas mesquitas, coñecendo as súas diferentes partes e toda a simboloxía que abranguen, e tamén nos fundamentos da súa arte: só a obra de Alá pode perdurar no tempo!!!


Pola contra, os alumnos e alumnas de 4ºESO viaxaron ata o século XVIII e andan a escudriñar a vida no desmoronamento do Antigo Réxime. Recordamos un pouco as bases do sistema estamental: cómo se organizaba a sociedade e a economía! e tamén andivemos cheirando nos sitemas políticos do momento de toda Europa! Absolutismo en Francia e España, parlamentarismo en G. Bretaña, república nas Provincias Unidas...
O que máis nos chamou a atención foi a ruptura no pensamento alá polo 1750, anos arriba, anos abaixo (que a historia non ten cronómentro!). Coñecemos a Voltaire, a Rousseau, a Montesquie, a Locke, a Diderot.... e a moitísimos máis autores que deixaron a súa pegada na Encyclopédie!
Andivemos a buscar, de feito, artigos e ilustracións (ben chuliñas) desa obra que pronto imos a subir ó blog!
Por último, parámonos un pouco máis na España dos primeiros Borbóns, coñecendo da man de Carlos III o significado do despotismo ilustrado e as "aventuras territoriais" que por daquelas andabamos vivindo debido á firma do Tratado de Utrecht!


Os alumnos e alumnas de 2º Bacharelato, andan en ambientes ben diferentes! A eles gústalle moitísimo máis o tema da arte e nesta primeira parada andan a afondar no coñecemento de conceptos e vocabularios básicos do tema: é importante saber cómo e o qué falamos para entendernos ben!


Pois ahora, para todos vós, teño un reto! A uns seralles facilísimo, a outros non tanto... pero todos ides tocar estos temas no voso temario... A ARTE! cada un destes cursos trabállaa dunha forma ou outra, asique, meus pupilos aquí vos deixo un reto que tendes que cumplir! 
A TRABALLAR!!! entrade no seguinte link (é un Lesson Plan) e seguide as instrucións. 
Si tendes algunha dúbida podedes escribirme un mail ou preguntarme na clase! 
Rápido que o tempo corre!!!!!





Que as musas vos inspiren sempre!!!!!