mércores, 19 de outubro de 2016

O primeiro!!!!!

Boas noites Historiadores!!!

Xa, xa... Non son horas!! Pero é que fai uns intres, fai uns minutiños ocorreu un fito "Little historiador!": Guido Láser, alumno de 4 ESO- B, acaba de rematar o Lesson Plan convertíndose así no primeiro finalista!!!
Guido xa acadou a segunda fase e ten o camiño medio feito no primeiro tema de arte!
Como o fixo? Doado!  Foi pasiño a pasiño, nas casillas de respostas persoais introduxo "Personal" ou "Reflexión Personal" e "envío" nas de enviar cousiñas á profe!
Cando se vio atrancado... CALMA!! Non pasaba nada! Correo á profe (beatriz.nieto@edu.xunta.es) e solucionado!!

Guido aprendeu moitísimo de Arte e da súa evolución co xogo! Deixovos coas súas obras de arte preferidas!!

En Arquitectura, Guido cóntanos que a súa obra favorita é o Partenón de Atenas! Cóntanos que é un dos poucos templos dóricos que se conservan, que foi construído alá polo 447 a.C ao 432 a.C e que está adicado a deusa Atenea, protectora da cidade onde se erixe,  Atenas! Está ubicado na acrópole, ó carón de outros templos ben chulos tamén, como o Erecteion! Vamos, que é unha boa mostra de arquitectura grega...


En escultura, Guido, escolleu unha obra misteriosa, perigosa, diferente! É unha esfinxe!! Unha esfinxe tamén da Arte Grega, foi creada por alguén da illa de Naxos e por iso se coñece como a esfinxe de Naxos!
E que é unha esfinxe? Que facía? Queredelo ver e botades a imaxinación a voar? Pois ahí vai!

Por último, Guido, escolleu unha pintura moooi coñecida, como a súa obra preferida! Seguro que si vos digo "a Gioconda" algún despistado non sepa de que estamos a falar! Pero... E si vos falo da Mona Lisa?? Pois esta pintura de Leonardo da Vinci, gran artista do Renacemento italiano!
Ahora sí, verdade? É unha das obras máis famosas do mundo enteiro, de feito, existen moitísimas "Monas Lisas"... Non me credes?  Pois despídome de vós con elas!
Adiante as Giocondas!!!






Que as musas vos inspiren sempre!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario