xoves, 6 de outubro de 2016

A que andamos?

Bos días historiadores/as!!!!

Benvenidos a un día máis das nosas históricas vidas!
Estos días estamos traballando moitísimo! Póndonos ó día nos acontecementos históricos de séculos ben distintos!

Os alumnos e alumnas de 2ºESO andan mergullados alá polo século V! Estamos nunha Europa ben diferente á actual!!! Os acontecementos non deixan de producir cambios!!!
Estudamos como desde o século III o Imperio Romano entra en crise e é asulagado polas invasións bárbaras: os diferentes pobos xermanos "entran ata a cociña"!! Visigodos e suevos en Hispania, anglos na Britania, galos, vándalos, alanos.... Analizamos como vivían e cales eran as diferenzas da súa organización respecto ós romanos. 
Tamén nos mergullamos nas súas manifestacións artísticas: aquí mesmiño, en Santa Comba de Bande, tiñamos unha mostra xenial de arquitectura visigoda!

Decatámonos de que o Imperio Romano foi dividido en dous (o de Occidente e o de Oriente) e que o de Oriente terá unha vida máis longa có de Occidente! uns mil aniños máis! Estudamos a evolución dese Imperio, que toma o nome de Imperio Bizantino, a súa organización e as súas manifestacións artísticas! Recordades que lles pasaba cas iconas?

Por último, mergullámonos no nacemento do Islam e na arte islámica. Acompañamos a Mahoma nas súas primeiras andanzas e aventuras (fuximos con il desde a Meca a Medina -a héxira- e vimos como daba comezo o calendario musulmán), escoitamos as obrigas de todo bo musulmán e analizámolas unha a unha! Tamén investigamos un pouquiño para coñecer as directrices que da o Corán respecto a súa forma de vida: nada de comer porco nin beber alcohol!
Por último parámonos nas mesquitas, coñecendo as súas diferentes partes e toda a simboloxía que abranguen, e tamén nos fundamentos da súa arte: só a obra de Alá pode perdurar no tempo!!!


Pola contra, os alumnos e alumnas de 4ºESO viaxaron ata o século XVIII e andan a escudriñar a vida no desmoronamento do Antigo Réxime. Recordamos un pouco as bases do sistema estamental: cómo se organizaba a sociedade e a economía! e tamén andivemos cheirando nos sitemas políticos do momento de toda Europa! Absolutismo en Francia e España, parlamentarismo en G. Bretaña, república nas Provincias Unidas...
O que máis nos chamou a atención foi a ruptura no pensamento alá polo 1750, anos arriba, anos abaixo (que a historia non ten cronómentro!). Coñecemos a Voltaire, a Rousseau, a Montesquie, a Locke, a Diderot.... e a moitísimos máis autores que deixaron a súa pegada na Encyclopédie!
Andivemos a buscar, de feito, artigos e ilustracións (ben chuliñas) desa obra que pronto imos a subir ó blog!
Por último, parámonos un pouco máis na España dos primeiros Borbóns, coñecendo da man de Carlos III o significado do despotismo ilustrado e as "aventuras territoriais" que por daquelas andabamos vivindo debido á firma do Tratado de Utrecht!


Os alumnos e alumnas de 2º Bacharelato, andan en ambientes ben diferentes! A eles gústalle moitísimo máis o tema da arte e nesta primeira parada andan a afondar no coñecemento de conceptos e vocabularios básicos do tema: é importante saber cómo e o qué falamos para entendernos ben!


Pois ahora, para todos vós, teño un reto! A uns seralles facilísimo, a outros non tanto... pero todos ides tocar estos temas no voso temario... A ARTE! cada un destes cursos trabállaa dunha forma ou outra, asique, meus pupilos aquí vos deixo un reto que tendes que cumplir! 
A TRABALLAR!!! entrade no seguinte link (é un Lesson Plan) e seguide as instrucións. 
Si tendes algunha dúbida podedes escribirme un mail ou preguntarme na clase! 
Rápido que o tempo corre!!!!!





Que as musas vos inspiren sempre!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario