mércores, 15 de abril de 2020

As grandes civilizacións urbanas: Mesopotamia 1ª parte 1ESO


Bos días a todos!!👋

Hoxe imos a avanzar un chisquiño na historia da civilización Mesopotámica. Necesitamos arrancar a nosa máquina, e para iso, temos que meter os datos duns mapiñas na súa base de datos. PTemos que ter claro con que nos imos a atopar "por si las moscas"... non vaia a ser que nos pillen e non poidamos volver! 
Como o imos facer?
O primeiro é informarse! Asi que deixivos dous videos sobre este tema, podedes ver o que queirades ou os dous! 
No primeiro atoparedes un video sobre Mesopotamia en Sumeria e no segundo unha explicación máis xeral, podedes escoller o que máis vos guste para ollar!



O segundo podedes velo na seguinte dirección web:

De seguido podedes consultar o voso libro de texto ( nas páxinas 172, 173, 174 e 175) e ler un chisquiño sobre esta o nacemento das sociedades fluviais e, en concreto, Mesopotamia. Se non o tendes a man podedes empregar o documento que vos adxunto que ten información preparada por min sobre a primeira parte deste tema. 


Logo, contestaremos ao fina, as tres cuestións que vos adxunto no último documento.




Moito ánimo para todos!!
Bea🌈

martes, 14 de abril de 2020

A que chamamos Guerra Fría? 4ºESO


Bos días a todos de novo!👋

Comenzaremos este trimestre traballando sobre a Guerra Fría e como primeira actividade deste tema, imos a visualizar o seguinte video para ter unha idea xeral do mesmo. É un video cortiño que nos vai a servir para obter unha idea xeral do conflicto, logo de que o visualicedes e resolvamos as vosas primeiras cuestións imos a profundizar máis no tema. Así que, despois de velo pasade ao seguinte cuestionario e... comecemos!


Unha vez visualizado o video imos a contestar este pequeno cuestionario con só 7 preguntas para asentar as claves do conflicto.


Calquera dúbida, xa sabedes que podedes contactar conmigo por email ou no taboleiro da nosa aula de Google Classroom.
A data tope para cubrir este pequeniño cuestionario é o 17 de abril, este venres.

Canto sabes de,,,? Avaliación Inicial 4ºESO


Ola a todos!!👋

Como actividade de avaliación inicial, para saber canto sabedes xa dos temas que imos a traballar neste trimeste, imos a realizar este pequeno cuestionario 📊. Non vos preocupedes porque é só unha sondaxe 👀. Na cabeceira do mesmo, tendes as instrucións.
Os resultados cheganme automáticamente ao meu correo electrónico e, a través da nosa aula de Google Classroom, poderedes ver os seus resultados. Cando todos contestedes, correxiremos as respostas de forma grupal, a través de videoconferencia programada e/ou consultando as mesmas no noso taboleiro de Google Classroom ou neste mesmo blog.

Empezamos!🌈

Desde Mespotamia a Exipto: nacen as primeiras cidades! 1ºESO

Desde Mespotamia a Exipto: nacen as primeiras cidades!




Como xa sabedes neste trimestre o primeiro que imos a facer é mergullarnos na civilización mesopotámica e exipcia. 
Nesta ocasión imos a converternos en arqueólogos profesionais e a averiguar todo o posible sobre estas dúas enormes civilizacións. Para iso imos a montar nunha molona máquina do tempo que temos no noso laboratorio e viaxar ata aquelas épocas para coñecer todo o posible sobre elas, pero... a onde imos? Hai que meterlle as coordenadas exactas a máquina! e... a que ano viaxamos? Habrá que discubrilo... mans á obra!!!

Fonte imaxe: https://www.infantilnoisidro.blogspot.com.es

 A primeira tarefa é ben sinxela, só necesitamos ubicalas nun mapa para arrancar a nosa máquina, así que... imos alá!

Tedes as instrucións na seguinte imaxe interactiva (pinchade en cada numeriño) e a seguir da mesma, tamén volas deixo escritas sin complicacións, para que todo o mundo as entenda ben. 

 DATA MÁXIMA ENTREGA: Venres, 17 de maio. A través da nosa clase de Edmodo ou á dirección b.nieto.ou@gmail.com




  •  1º paso: Tedes que buscar un mapa no que localicedes Mesopotamia e Exipto e, como xa estudastedes coa profe Sandra todos os países e xeografía do mundo, tendes que decirme sobre que países actuais estaban estes dous imperios.
  • 2º paso: A que época viaxamos? Tedes que atopar o milenio no que empezaron ambas civilizacións e cando, máis ou menos, rematou.
  • 3º paso: Mandarllo á profe!!! 
Cando teñades a información necesaria para arrancar a máquina, achegareivos uns pequenos vídeos para informarnos ben de a onde nos diriximos.

Arrancamos?