xoves, 10 de novembro de 2016

José Sousa, Premio Ourensanía 2016, visita o cole!

Boas tardes historiadores!!!!!

Esta semana estamos emocionados! 
O productor de cine, José Sousa, visitou o noso cole e charlou durante case dúas horas cos nosos alumnos de 4ESO!

O productor de cine, José Sousa, Premio Ourensanía 2016, visitou o noso colexio para charlas durante case dúas horas cos alumnos de Xeografía e Historia e Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial sobre o seu traballo e a súa vida en Venezuela e contarlles, sen esquecer detalle, os segredos mellor gardados do mundo do cine.

Foto: B. Nieto
José Sousa naceu fai 65 anos nun pequeno pobo chamado Ver. Ver está en Ramirás (Ourense) e aos 14 anos, debido as malas condicións socio-económicas do noso país, tivo que emigrar, xunto coa  súa familia, a Venezuela, na procura dunha vida millor.
Cando a familia de José chegou a Venezuela montou un restaurante e é ahí onde o noso convidado pasa traballando os seus primeiros anos no país latino.
O irmán de José atopou traballo facendo o que mellor sabía: converteuse en toureiro (seica é o unico toureiro galego!) e ademais, deixouse levar ó mundo da música converténdose nun bo guitarrista! 
José, seguindo a estela de seu irmán e co mundo das artes corréndolle polas venas, non dubidou en lanzarse ao estudo dunha das súas paixóns: a música.
Durante varios anos estuda música e solfeo na Universidade e aprende a tocar a guitarra moito millor que seu irmán! Xunto con dous amigos funda un grupo que ten editados algúns discos, O Triángulo. A súa música adecuase as condicións da época sendo, maioritariamente, canción protesta.
Aínda que José era feliz no mundo da música, por dentro corríalle o gusaniño dunha das súas paixóns desde pequeno: o cine.
Conta José que  cando non era mái que un cativo acudiu por primeira vez ao cine. Os Cines Regueiro (Celanova) fixeron que José navegara polo mundo dos soños e das imaxes, cores, luces e sombras... José nunca puido olvidar a maxia do cine, dos flashes lanzados pola pantalla no final de cada rollo de película, no detalle e mimo de aquel cine dos anos 50 e 60...
Empuxado por estes sentimentos, José decide estudar para pode traballar nese mundo. O noso amigo, anotado na Universidade en cada curso que saíra adicado a ese mundo, fórmase como actor e director de cine, inclusive fai os seus "pinitos" no teatro! Cando remata, atopa traballo como asistente de montaxe nunha productora e, faendo gala dunha boa iniciativa  e tirando de toda a súa imaxinación, preséntalle a seu xefe un pequeno clip ambiental. Seu xefe amósase encantado e inclusive fai negocio coa súa aportación! O Ministerio de Medio Ambiente vése interesado no clip e cómprallo. Despois de tal éxito, José é nomeado director das producións documentais da empresa.
Os éxitos non rematan aquí porque, pouco a pouco, o Sr. Sousa vai logrando novos traballos chegando a producir varias series documentais (p. e. unha sobre a guitarra) para a televisión.
Finalmente, debido aos consellos dun bo amigo que xa traballaba no mundo do cine, un gran productor mexicano, José decide dar o salto ó mundo da producción cinematográfica, e realizar un Máster en Producción Cinematográfica. Definitivamente, decide adentrarse pola porte grande nese glamouroso mundo.
Desde entón, José leva nas súas costas 37 produccións, videoclips, documentais e moitos spots e, agora mesmo, ten no forno dúas películas máis.

Foto: B. Nieto

No cole, os nosos alumnos puideron disfrutar da película máis especial para o productor: El manzano azul
Esta película, que conta a historia das vacacións dun neno con seu avó nos Andes Venezolanos, está baseada na vida no rural galego. A fotografía da obra non nos deixa de recordar os paisaxes verdes de Galicia e  a dispersión do noso rural e eso, esas reminiscencias que nos fan o filme cercano, é o que pretendía o productor e o director coa mesma.
Non o dixen? e que o director da película é da parte verde do Hierro e, ao igual que José, sentía morriña das cores e da vida da súa terra. Por ese motivo, ámbolos dous amigos levaron ao cine esta historia!


Podedes ver a película "El manzano azul" neste vídeo!

Tras o visionado da película, os alumnos tiveron a oportunidade de facerlle montóns e montóns de preguntas a José, que non dubidou en contestalas todas e de falar con iles sobre o mundo do cine: como se fai unha película, que equipo é necesario, presupostos, custes e beneficios... e, por suposto, os segredos máis acochados deste fantástico mundo!

Foto: B. Nieto
Tras a súa intervención, os alumnos de Xeografía e Historia someteron ao noso convidado ó "Terceiro Grado" cunha entrevista que subimos a nosa canle de Podcast en Ivoox (Little Historians). Deixovos aquí a primeira entrevista destes intrépidos reporteiros:




Por último, os alumnos de Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial recopilaron información exhaustiva sobre José para poder crear a páxina deste fantástico productor na Wikipedia!
Para vela tedes que esperar un pouquiño... acougade!

Estamos desexando ver como lle entregan ese merecidísimo premio a José!
Esperamos que na seguinte visita que realice a súa terra natal nos volva a visitar!

GRAZAS JOSÉ!

E hoxe, máis que nunca...

Que as musas vos inspiren sempre...

Ningún comentario:

Publicar un comentario