xoves, 4 de maio de 2017

Gañamos o concurso Euroscola 2017!!!

Bos días little historiadores!!

No hay texto alternativo automático disponible.Hoxe traémosvos unha noticia alucinante! Os little historiadores veñen de gañar o concurso Euroscola 2017 para o cal tiveron que preparar diferentes clips de vídeo sobre algún dos dereitos fundamentais recollidos na Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea.


Parlamento Europeo - Oficina de Información en EspañaEsta iniciativa, organizada polo Parlamento Europeo, enmárcase dentro da conmemoración do 60 aniversario do Tratado de Roma e no estudio da historia de concepción do proxecto europeo.

La imagen puede contener: 22 personas, personas sonriendo, personas de pie
A clase de 4º ESO A (e máis unha servidora) felices polo recoñecemento.
No hay texto alternativo automático disponible.

Os premios do concurso son alucinantes e, ademáis de comprender moitísimos agasallos para o equipo vencedor, contempla unha viaxe ao Parlamento Europeo, sito en Estrasburgo, para participar nunha xornada parlamentaria. No seguinte vídeo podedes ver o Euroscola Day.


Podedes ollar toda a información no seguinte enlace:


Deixovos co clip gañador e con algunhas outras mostras:




Que as musas vos inspiren sempre!

Ningún comentario:

Publicar un comentario