luns, 27 de abril de 2020

E para rematar... 4ºESO


Bos días a todos! 👋🌞🌞

Esta última actividade é a derradeira que faremos sobre o conflicto da Guerra Fría e serviranos para amosar canto controlamos do tema.


Que tedes que facer aquí?
Ben, como vos indico esta sería a proba final do tema e é moi moi fácil. Só tendes que entrar no enlace que vos adxunto, facer login co voso mail de gmail ou microsoft e abrirase un panel da Guerra Fría. Se vades hacia abaixo vaivos dar a opción de grabar un pequeno vídeo de resposta se facedes click no símbolo +. O vídeo podedes tunealo, deixavos engadir stickers, frases e moitas cousiñas máis!

E qué tedes que responder? Pois tedes que dicirme:


- Cal foi o conflicto/episodio da Guerra Fría que máis vos chamou a atención e por qué
- Algunha personaxe do conflicto que vos impresionara (para ben ou mal) e por qué
- A modo de conclusión: Se credes que tivo algo que ver na organización xeopolítica da actualidade, nalgún conflicto actual...


Listo! Esta tarefa matizará o resultado das anteriores, así que imos alá! Tedes  ata o mércores 29 de abril para rematala (logo poden subir respostas aqueles que aínda non o fixeran pero nós continuaremos co seguinte tema).




Calquera dúbida podedes consultala mediante a nosa aula de Google Classroom ou por email.

Unha aperta e... adiante!!
Bea🌈

Ningún comentario:

Publicar un comentario