Amosando publicacións coa etiqueta Grecia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Grecia. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de xuño de 2020

1º ESO Ímonos á Hélade! Resolución tarefa


Bos días a todos!!!👋🌞

Hoxe deixovos aquí a resolución á mini-tarefa sobre a pintura grega. 

                     Fixéstelo xenial! 👏😊


      Resolución Ímonos á Hélade! Pintura grega


luns, 8 de xuño de 2020

Teño pendente Xeografía e Historia de 1º ESO_ Temas 6, 7 e 8


Bos días a todos!🌞

Hoxe deixovos as últimas tarefas de repaso. Neste caso son dos temas de Exipto e Mesopotamia, Grecia e Roma e, para non cargarvos, só son tres exercicios tipo test moi, moi faciliños que podedes facer en dez minutiños.


Para traballar istes temas deixovos catro videos de Academia Play onde explican moi rapidiño as cuestións clave de cada un por se queredes repasar de forma visual.






Imos agora coas tarefas. Podedes encontralas facendo click nos seguintes links:




Calquera dúbida podedes prantexarma por correo electrónico (en b.nieto.ou@gmail.com) e estarei encantada de axudarvos. 

Unha aperta,
Bea.

mércores, 27 de maio de 2020

1º ESO Ímonos á Helade! Tarefa repaso final: Kahoot! Quen sabe máis?




Bos días a todos!!!👋🌞

Hoxe imos a facer un repasiño do tema que estivemos vendo estas semanas, a Antiga Grecia.

Para iso, primeiro imos a ver uns vídeos que nos explican polo miúdo este tema (por se quedou algún fleco solto! 😉) Cada vídeo está adicado a unha etapa da historia grega (arcaica, clásica e helenística), así que podedes velos todos ou o que trate sobre a etapa que máis vos interesa:








Agora imos coa tarefa final de repaso diste tema que, nesta ocasión, é un concurso en Kahoot!
Para facela debedes por o voso nome despois de facer click na seguinte ligazón e ser os máis rápidos en acertar as preguntas para gañar! A puntuación que saquedes será a que vos engada ao voso progreso en Edmodo, calculada sobre 10:


Ata aquí por hoxe.

Unha aperta grande,
Bea.😍

1º ESO Resolución tarefas "Ímonos á Hélade! Da época clásica ao imperio de Alexandre Magno"


Bos días a todos!!🌞

Aquí vos queda a resolución á tarefa que vos propuña para traballar sobre o imperio de Alexandre Magno: 


A todos os que xa ma entregastedes xa vos fixen correccións individuais pero deixoa aquí para que todos podamos ver cal era a resposta correcta.

Unha aperta Mini Historiadores!!

Moi ben todos!!!👌😉
Bea🌈

martes, 26 de maio de 2020

1º ESO Ímonos á Hélade! A pintura en Grecia (e Roma!)


Bos días a todos!!!👋🌞

Hoxe só teremos unha pequeniña tarefa, porque tendes que facer o cuestionario sobre a escultura que vos subín na vosa aula de Edmodo e, si tendes, preguntas escribirme para resolvelas!

Mañá faremos a tarefa final deste tema, cun repasiño por todas as cousiñas que estudiamos.

Adicaremos esta entrada a repasar as características da pintura grega e romana pois, como estamos vendo, en mitoloxía e arte parécense moito... logo prantexareivos un reto! 😊

                               Comezamos!

Gregos e romanos adoitaban decorar as paredes das súas casas con pinturas MURAIS. Tamén podían pintar sobre tabliñas ou en sarcófagos, entre outros, para decoralos.

Placa superior da Tumba do Zambullidor, en Paestum, Magna Grecia.
Fonte imaxe: Grecia Antigua. El Alba de Occidente. Furio Durando. Ediciones Folio, 1.997



Crátera grega: empregábase para mesturar viño, auga e especias.
Dos gregos case non nos chegaron mostras deste tipo pero sí temos moitas pinturas en cerámicas (en vasixas, pratos...), como a crátera que vos ensino nesta imaxe.





Pola contra, como veremos no seguinte tema, a erupción do Vesubio no 79 d.C. deixou sepultadas as cidades romanas de Pompeia e Herculano, que permaneceron intactas debaixo da cinzas conservando moitas pinturas nas súas paredes.

Ademáis de pinturas murais e cerámicas, os gregos e romanos tamén van a empregar moito os MOSAICOS, que consistían en pequenos anacos (teselas) de azulexo ou pedra coloreada que se colocaban en solos ou paredes formando debuxos ou filigranas. Aquí debaixo tedes un ben chulo!

Mosaico da Casa dos Delfíns, en Delos, illa das Cícladas.
Fonte imaxe: Grecia, entre el mito y la Historia. 8.500 años de civilización, pág. 270. Ediciones Xaitalis, Atenas, 2.001.


O reto que vos prantexo sobre a pintura grega é o seguinte:


Unha aperta enorme,
Bea.






mércores, 20 de maio de 2020

1º ESO Ímonos á Hélade: Arte clásica 1


Bos días a todos!🌞

Hoxe imos a sumerxirnos na preciosa arte grega e romana (que como pasou coa mitoloxía van a "copiar").

Para ter unha idea clara (e moi divertida) de como era a arte dos gregos e romanos imos a ver estos dous pequenos vídeos e logo a explicación que vos deixo a continuación:






Como vemos, os gregos non levantaban construcións colosais (como os exipcios ou os mesopotámicos) se non que buscaban A BELEZA e, por iso, facían todo ao tamaño do home, buscando harmonía e proporción.

Como vimos onte, un dos edificios gregos máis importante era o TEMPLO (que se dedicaban a un deus) pero tamén levantaron moitos outros edificios, como os TEATROS.

Na primeira imaxe vemos o teatro de Epidauro, edificado no século IV e que chegou aos nosos días tal e como vedes na fotografía.
Os teatros tiñan forma semicircular (os circulares chámanse ANFITEATROS, como o famoso Coliseo romano) e todos se organizaban en tres partes: a cávea (no alto, unha zona de bancos para os espectadores), a orquestra (onde se situaba o coro) e a escena (onde se representaban as obras).


Pola súa parte, os templos tamén tiñan todos a misma forma, seguindo as seguintes normas:
  • Construíanse con mármore ou pedra.
  • A súa forma, a PLANTA, era rectangular, aínda que había algún circular.
  • Non se erguían directamente dende o chan, senón que primeiro lle puñan un basamento con escalóns e rodeabano de columnas (esto chámase peristílo) 
  • O interior tiña tres partes: Pronaos, Naos ou Cella e Opistódomo. Podemos velo na imaxe que vos adxunto dunha planta dun templo grego.
  • No interior da Cella, situábase a estatuta do deus ao que se lle adicaba o templo.
  • O exterior decorábase on relevos, situados no FRONTÓN e no FRISO (podedes ver onde se sitúan na imaxe do Partenon).
  • Ises relevos adoitaban pintarse de vermello, azul, amarelo...
Este templo é o Partenon, situado na Acrópolis de Atenas e adicado a deusa protectora da cidade: Atenea.
Como vedes, temos diante o altar onde realizar ofrendas ou sacrificios.
Logo uns chanzos para subir ata o pronaos. Ese conxunto de chanzos forma o basamento do que vos falaba antes.
Decorando o templo, temos os relevos do frontón (que é o trianguliño que forma o tellado coa fachada) e o friso (que é esa tira decorada que vai debaixo do frontón e percorre todo o perímetro do templo).
As columnas remataban no dintel ou arquitrabe.
Se poidésemos entrar no templo, logo do pronaos, encontrariamos o naos ou cella, coa estatua de Atenea, nese caso. Máis adiante estaría o opistódomo, onde os sacerdotes gardaban as ofrendas a deusa.
Como vedes, o templo está rodeado de columnas (o perístilo) e o tellado está decorado en cadansúa esquiniña cunha acrótera ou pequena escultura.

Aquí vos queda un vídeo onde podedes ver como era o Partenón.
Para conseguir que as construcións gregas foran proporcionadas, os gregos estableceron tres estilos ou ordes arquitectónicas: a dórica, a xónica e a corintia.
E que é unha orde? Pois sinxelamente a disposición dos elementos da fachada (columnas, capiteis, arquitrabe...) Imos a velo:
Como vemos na imaxe, os gregos desenvolveron tres ordes.
A orde dórica era sobria, coa columna lixeiramente ancheada e con estrías (liñas marcadas) e non tiñan basa. No friso alternábanse triglifos (esas tres liñas verticais) con metopas (a zona lisa, que adoitaba encherse con relevos ou pinturas).
A orde Xónica era máis esbelta. As columnas sí tiñan basa e o capitel estaba decorado con volutas (esa especie de espiral que leva a cado lado). O friso decorábase con relevos.
Por último, a orde corintia era moi parecida a xónica pero coa diferencia de que o capitel estaba decorado con follas de acanto e a columna non adoitaba a estar estriada.
Templo do Tesouro dos Atenienses (Delfos), de estilo dórico, 490 a.C.

Templo de Atenea Niké, xónico.

Templo de Zeus ou Olimpeion, de estilo corintio, séculos VI a.C. - II d.C.


Ata aquí por hoxe, deixovos coa tarefiña de repaso deste tema:

1. Imos a facer este xogo, tendes que engadir o voso nome para que poida ver que o fixestedes e logo mandádesme a vosa puntuación a través de Edmodo ou ao meu email (b.nieto.ou@gmail.com).


2. Ides a debuxar na libreta un templo grego e sinalar as súas partes.
Ademáis deberedes debuxar tamén os tres tipos de ordes e sinalas as súas partes. Podedes utilizar as seguintes plantilla para facelo:






Nada máis por hoxe,
Calquera dúbida xa sabedes que podedes remitirma mediante o correo electrónico ou o sistema de mensaxería de Edmodo.
Moito ánimo e mil apertas,
Bea 🌈

luns, 18 de maio de 2020

1º ESO Imos á Hélade!: Zeus, rei do Olimpo.


Bos días a todos!🌞

Hoxe imos a mergullarnos na mitoloxía grega e coñecer aos principais deuses gregos e as crenzas dos habitantes da Hélade.

Como sabemos, os gregos crían que existían moitos deuses, eran POLITEÍSTAS. Para explicar a orixe da Terra, a existencia dos homes e moitas cousas máis, elaboraron moitos mitos, narracións fabulosas onde se contaban as fazañas dos DEUSES e dos HEROES. 

Como veremos no seguinte tema, os romanos van a coller a relixión grega e adaptala ás súas crenzas.

Os deuses gregos (e os romanos tamén) tiñan forma humana, eran inmortais e tiñan poderes.
Vivían no Monte Olimpo e desde alí dirixían o mundo.
Cada deus é o patrón dalgunha cousa concreta (a muller, a guerra, a sabiduría...) e ten un atributo que o identifica (por exemplo un raio, un casco, unha lanza...). 

O deus máis importante e poderoso do Olimpo era ZEUS. A súa esposa é Hera (a deusa do fogar) e Poseidón (deus dos mares e océanos) e Hades (deus do inframundo) son os seus irmáns. Ten moitíííísimos fillos, algúns deles metade humanos, como os deuses Apolo, Afrodita ou Dionisio.

Cando un deus ou deusa tiña un fillo cun ser humano, nacía un semideus. Estos semideuses eran mortais.
Os heroes (moitas veces fillos dun deus e unha mortal) diferenciábanse dos humanos e dos deuses e caracterizábanse por poder realizar fazañas incríbles. Seguro que coñeces algún como o famoso Heracles/ Hércules ou Aquiles.

Pero ademáis, na mitoloxía clásica, temos moitos máis personaxes fantásticos que posuían calidades especiais, como os centauros (metade home, metade cabalo), os cíclopes (xigantes que só tiñan un ollo), etc.

E como se creou a Terra segundo a mitoloxía grega?


Os gregos contaban que Urano (o ceo) e Xea (a Terra) tiveron un fillo, Cronos (o tempo). Cronos, a súa vez, tivo varios fillos, un deles Zeus. Zeus enfrontouse a seu pai e gañou, converténdose no rei dos deuses.

Hai moitas pelis chulas sobre a guerra entre os titáns e os deuses, onde podedes ver este enfrontamento, por exemplo "Ira de Titanes" ou "Furia de Titanes".



Quen era quen?
Como vemos na seguinte lista, cada deus grego (en violeta) vai a ter o seu correspondente deus romano (en verde). Aquí vos deixo sobre que gobernaba cada un deles:
  • Zeus / Xúpiter (pai dos deuses)
  • Hera / Xuno (o matrimonio e a familia)
  • Apolo / Apolo (a arte)
  • Afrodita / Venus (o amor e a beleza)
  • Artemisa / Diana (a caza)
  • Hermes / Mercurio (o mensaxeiro)
  • Atenea / Minerva (a sabedoría)
  • Deméter / Ceres (a agricultura)
  • Hestia / Vesta (o lume do fogar)
  • Poseidón / Neptuno (o mar)
  • Dionisio / Baco (o viño)
  • Hades / Plutón (o inferno)
  • Ares / Marte (a guerra)
E onde adoraban os gregos aos deuses?

Os gregos, e logo os romanos, tiñan que ter contentos aos deuses para que todo lles fóse ben! Para iso levantaban TEMPLOS nas cidades. O caso é que os cidadáns normais non podían acceder ao interior do templo, onde se gardaba a estatua do deus ao que estaba adicado o tempo.
Cada ano celebrábanse festas na honra de cada deus, procesións, ofrendas, sacrificios (de animais: galiñas, ovellas...) e libacións (derramar un líquido como leite, mel, sangue...). Estas cousiñas facíanse nun altar que se poñía fronte o templo.

Os gregos (e os romanos) tamén tiñan que rezar nas súas casas aos deuses da familia e o fogar (chamados LARES e PENATES). Por iso, en cada fogar o pai de familia organizaba ese culto arredor dun pequeno altar (que se chamaba larario). Aquí vemos unha imaxe dun larario romano atopado na cidade de Pompeya nunha casiña coñecida como Casa Vetti:


E para coñecer o futuro?

Os gregos e romanos eran moi supersticiosos, por iso, antes de facer calquera cousa querían saber que opinaban os deuses e como lles ía saír o asunto.
Para isto, acudían aos ORÁCULOS, que eran recintos sagrados onde un sacerdote ou oráculo interpretaba a vontade dos deuses. A maioría das veces os mensaxes eran moi enigmáticos e tiñan que ser interpretados polas PITIAS ou SIBILAS.
Por exemplo, ás veces había que interpretar o voo ou canto dos paxaros (esto chamábase AUSPICIOS).

A pitia de Delfos interroga os deuses no templo de Apolo ante un sacerdote.

Como curiosidade, sabiades que os famosos Xogos Olímpicos naceron aquí, en Grecia, como unha forma de tributo aos deuses?
Pois sí. Os primeiros xogos tiveron lugar no 776 a.C. na cidade de Olimpia, onde se atopaba o santuario máis importante adicado ao deus Zeus.

Ata aquí por hoxe!!
Para repasar a mitoloxía tendes un cuestionario agardándovos na nosa aula de Edmodo.

Calquera dúbida podedes prantexarma ao meu email (b.nieto.ou@gmail.com) ou mediante o sistema de mensaxería de Edmodo.

Unha aperta moi grande!
Bea 🌈

mércores, 13 de maio de 2020

1º ESO Ímonos á Hélade: da época clásica ao imperio de Alexandre Magno


Bos días a todos!

Hoxe imos a profundizar na época clásica da Antiga Grecia. Para aqueles que aínda non lle botaron un olliño, este vídeo explica de forma clara e concisa tanto as Guerras Médicas como a Guerra do Peloponeso e vainos servir de marabilla para resolver a última tarefa desta semana.


Para quen prefira outros vídeos, un pouquechiño máis amplos, deixovos estos dous que falan de cada un dos conflitos independentemente:






E aquí unha explicación:

Como xa vimos o luns, durante o século V a.C. e primeira metade do IV a.C., desenvolveuse en Grecia o período clásico, caracterizado polo poder de Atenas e Esparta e polas continuas guerras.


Foi nese século V a.C., cando os atenienses enfrontáronse aos persas, que querían conquistar a súa polis. Este enfrontamento é o que coñecemos como Guerras Médicas, nas que Atenas derrotou Persia nas batallas de Maratón e Salamina.

Despois da vitoria sobre os persas, Atenas converteuse na cidade máis poderosa da Hélade e exerceu a súa hexemonía sobre moitas outras cidades.

Para organizarse militarmente ante outro posible ataque persa, creouse a Liga de Delos (477 a.C.), unha asociación de cidades dirixida por Atenas. Cada polis achegaba barcos e cartos para manter unha frota, e era Atenas quen recadaba os impostos e os gardaba na illa de Delos (tesouro de Delos).

Algunhas polis acusaron Atenas de acumular demasiado poder así como de utilizar o tesouro de Delos no seu proveito. Daquela, quixeron disolver a alianza e Atenas impediuno pola forza.

Esparta opoñíase á hexemonía ateniense e encabezou unha coalición de cidades para enfrontarse a Atenas (Liga do Peloponeso).

Iniciáronse así as Guerras do Peloponeso (431-404 a.C.). O seu desenlace foi a derrota de Atenas, que quedou completamente devastada, e a dos seus aliados.

A guerra deixou toda Grecia sumida nun estado de pobreza. Ademais, o conflito entre democracia (Atenas) e oligarquía (Esparta) xerou guerras entre as polis. Moitas cidades, entre elas Atenas, caeron en mans de tiranos.

As guerras do Peloponeso supuxeron o final da época de esplendor das polis gregas.

Que pasou logo?

No século IV a.C., Macedonia era un territorio do norte de Grecia basicamente agrícola e gobernado por unha monarquía hereditaria.

O rei Filipo II aproveitou a debilidade das polis, derrotou os atenienses e lanzouse á conquistar Grecia cun poderoso exército organizado en falanxes.

A falanxe era unha formación militar de soldados a pé que combatían moi próximos entre eles e ían equipados con escudos e longas lanzas.

Sucedeulle o seu fillo Alexandre, que unificou toda a Hélade baixo a súa monarquía. Foi a fin das polis constituídas como cidades-Estado independentes.

Quen foi Alexandre Magno?

Alexandre (356 a.C.-323 a.C.) era fillo do rei Filipo de Macedonia. Foi educado polo filósofo Aristóteles, admiraba as obras de Homero e queríase parecer a Aquiles, o heroe lendario da Ilíada que loitara contra os troianos.

O seu pai morreu cando el tiña 20 anos e herdou un reino que acababa de conquistar a meirande parte da Hélade. Alexandre estableceu a monarquía como forma de goberno en Grecia. Todo o poder se concentraba nas súas mans e se apoiaba na forza do seu exército.

Tamén quixo continuar a obra do seu pai e liberar as cidades gregas de Asia Menor que se atopaban sometidas polo rei persa Darío III. Por iso enfrontouse ao imperio persa e iniciou unha campaña militar que, en dez anos, habería de conquistar o maior imperio da Antigüidade.
Mosaico que amosa o enfrontamento entre Alexandre e Darío: mentres as tropas persas foxen desordenadas, malia seren máis numerosas, as de Alexandre avanzan vitoriosas, século II d.C.

Alexandre conquistou un vasto imperio entre os anos 334 e 324 a.C. Como vemos no mapa, Asia Menor e as costas orientais do Mediterráneo, Exipto (onde fundou a famosa cidade de Alexandría), as grandes cidades persas  e ata se introduxo na Asia Central, chegando ata a India! 

Alexandre Magno pretendía difundir a civilización grega e achegar os gregos ás civilizacións orientais.

As súas conquistas implicaron a fundación de numerosas cidades, que se encheron de templos, teatros e palacios ao estilo grego. Pero Alexandre tamén quixo achegarse ás culturas orientais e respectou as súas crenzas e costumes, intentando identificarse e adaptarse a elas. 

Esta grande expansión da cultura e da civilización gregas coñécese como "helenismo".


No entanto, o imperio de Alexandre non sobreviviu á súa morte. Os seus xenerais dividírono en catro reinos helenísticos (Macedonia, reino ptolemaico de Exipto, reino Seléucida e Pérgamo), que foron gobernados por reis.

Imos agora coa segunda tarefa desta semana. Nesta ocasión dous exercicios ben faciliños:


Calquera dúbida, aquí me tendes!

Unha aperta,
Bea 🌈



luns, 11 de maio de 2020

1º ESO Ímonos á Hélade!!



Bos días de novo!🌞🌞

Aquí vos deixo un vídeo por si lle queredes botar unha olladiña antes de contestar o cuestionario que vos prantexo esta semana!



Unha aperta!
Bea