Amosando publicacións coa etiqueta Imperio Romano. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Imperio Romano. Amosar todas as publicacións

mércores, 3 de xuño de 2020

1º ESO Unha de romanos: Tarefa 2. O Imperio e a crise final



Bos días a todos!🌞

Imos hoxe coa segunda tarefa da evolución de Roma. Hoxe imos a traballar sobre a etapa do Imperio romano e a crise final do mesmo. Tamén repasaremos de novo algunhas cuestións clave da sociedade, construción, relixión...

Para iso só tedes que contestar ao pequeno exercicio que tedes en Edmodo e que comprende preguntas de verdadeiro/falso, escoller a opción, etc.

Esta será a última actividade que vos suba. A semana que vén dedicarémola a repasar e podedes aproveitar para enviar algunha tarefa que teñades atrasada!

Agardo que vos resulte doado!!

Unha aperta enorme,

Bea.😍

martes, 2 de xuño de 2020

1º ESO Unha de romanos: Tarefa 1



Bos días a todos!🌞

Hoxe faremos unha pequena tarefa de repaso sobre a fundación de Roma e as etapas da Monarquía e a República. Tédela colgada en Edmodo e consiste en varias preguntas de Verdadeiro/Falso, escoller a opción correcta e encher os ocos.

Calquera dúbida aquí estou para resolvela!

Unha aperta,

Bea.

luns, 1 de xuño de 2020

1º ESO Unha de romanos


Bos días a todos!🌞

Hoxe comezamos un novo tema onde nos imos achegar ata o Imperio Romano. Para comezar imos ver esta liña do tempo onde se ve claramente as diferentes etapas polas que pasou a civilización romana:



Como vemos, Roma foi fundada no ano 753 a.C. cando vivían na zona de Italia numerosos pobos, como os etruscos ou os latinos. Istes últimos levantaron varios poboados na zona coñecida como os Sete Outeiros e da súa unión naceu a cidade de Roma.


A historia de Roma ten tres etapas como vemos na liña do tempo: a Monarquía, a República e o Imperio. Logo entrará en crise, acuciada por revoltas sociais e invasións barbaras e rematará dividida en dúas zonas: o Imperio Romano de Occidente (que acabará desintegrándose no ano 476) e o Imperio Romano de Oriente ou Imperio Bizantino.


Antes de comezar imos a ver este pequeno vídeo de Academia Play que fai un repaso de 10 minutos pola historia de Roma:




E agora imos co tema. 

Nesta ocasión imos a organizarnos dunha forma diferente. Primeiro imos a ver as explicacións ao tema en vídeo e cun pequeno resumo que vos adxunto e nos vindeiros días traballaremos sobre o tema. Por iso, hoxe non tendes ningunha tarefa e o único que debedes facer é mirar estos videos e os esquemas que seguen e preguntarme se tedes algunha dúbida.
Os próximos días poderedes volver a esta entrada se necesitades calquera axudiña para realizar as tarefas que vos propoño.

Para comezar, vouvos deixar a explicación en vídeo do profe de A cuna de Halicarnaso que xusto fai un repaso moi bo polas etapas da historia romana.
Neste primeiro video repasamos a fundación de Roma e a forma de vida da sociedade romana. No segundo podedes ver a evolución política de Roma a través das tres fases que falamos antes e, por último, no terceiro o profe contanos varias curiosidades desta civilización, fálanos de diferentes guerras civís ou do legado romano, por exemplo.












Imos agora a situarnos ben cuns pequenos trazos da cultura romana:

Onde?

Os pobos de Italia. VicensVives.

A cidade de Roma. VicensVives.

Cando, como e por que?


Ben, ata aquí con esta aproximación. Mañá traballaremos sobre o nacemento de Roma e a fase da Monarquía e o mercores sobre a República e o Imperio. Por último, a semana que vén afondaremos na sociedade e economía e no legado romano.

Unha aperta,

Bea.






mércores, 19 de outubro de 2016

En resumo... 2ESO

Boas tardes historiadores...

Hoxe imos a facer un pequeniño resumo do que fixemos ata agora e ampliar un chisquiño máis o que estamos a ver!

1º Vimos de estudar, no primeiro tema, o fin do I. Romano, a súa división, a invasión dos reinos xermanos, a súa organización, a organización do I. Bizantino, o nacemento do Islam e, por suposto, moita arte!!!! Desde os visigodos, a bizantina e islámica!

Analizamos varios mapas do mundo daquelas, como o que temos a continuación! e entendimos millor como se organizaba o tema... o Imperio Romano de Oriente,  durará uns 1000 anos máis que o I. Romano de Occidente, que ante tanta invasión, acabará por desaparecer.
O I. Romano de Oriente convertirase no I. Bizantino, coa capital en Constantinopla, e da man de Xustiniano acadará o seu máximo esplendor. 
A Xustiniano e a súa muller Teodora, puxemoslle cara estudando os mosaicos de San Vital de Rávena. Que chulada!



Resultado de imagen de mosaico justiniano


Parámonos moito en comprender a forma de vida de xermanos, bizantinos, etc. e coñecimos a Carlomagno! ademais mergullámonos no mundo de Mahoma, acompañándoo na súa fuxida á Meca (héxira) e nos primeiros pasos de expansión do Islam. 
Descubrimos neste tema algo que gardamos para máis adiante: Un tal Abderramán I,  un príncipe da familia dos Omeia, fuxiu da morte a mans dos Abasíes!! a onde chegou? disque a Hispania....

Neste segundo tema andamos pescudando a segunda oleada de invasións e imos a traballar o Feudalismo...

Vimos como Carlomagno creará un Imperio (no ano 800 é nomeado Emperador) e cando os seus tres fillos herdaron volveron a desmigallalo acordando o reparto no Tratado de Verdún...

Resultado de imagen de carlomagno imperio


Resultado de imagen de carlomagno imperio 

Logo, analizando a súa forma de administrar o territorio, vimos como xa daquelas se dividirá en condados e marcas- dirixidas por condes e marqueses, respectivamente- e como xa comezaron a organizarse socialmente dunha forma que pronto nos será coñecida...

Resultado de imagen de carlomagno imperio

Si nos achegamos o mapa de Europa do feudalismo... que nos atopamos?? e se nos achegamos á organización social???

RETOOOOOO!!! analizade ben as seguintes imaxes, comparainas coas do I. Carolinxio e contestai aquí, no blog, comentaiii!! Decídeme, meus pequenos historiadores, hai semellanzas? cales? diferenzas? cales?


Resultado de imagen de feudalismo mapa

Resultado de imagen de feudalismo mapa
E ata aquí por hoxe!!
Recordo! Comezamos con Edmodo!!!!!!!! 


Que as musas vos inspiren sempre...