Amosando publicacións coa etiqueta prehistoria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta prehistoria. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de xuño de 2020

1º ESO Reforzo trimestres anteriores. A Prehistoria 1ª parte.



Bos días a todos!!🌞🌞

Hoxe comezamos a repasar o primeiro tema de Historia: A Prehistoria.

Comezaremos sumerxédonos no proceso de hominización e no Paleolítico para, a semana que vén, ver que sucedeu no Neolítico e a Idade dos Metais.

Para comenzar deixovos uns vídeos que vos poden axudar a traballar co tema, non tendes que velos todos, só os que máis vos interesen (son todos cortiños):















 Imos agora coa tarefa desta semana que, como dixen, afonda na hominización e a primeira etapa da Prehistoria, o Paleolítico.


Calquera dúbida estou aquí para resolvela!

Unha aperta enorme!

Bea🌈



Teño pendente Xeografía e Historia de 1º ESO_ Tema 5


Bos días a todos!🌞

Como as semanas pasadas deixovos aquí o link da seguinte tarefa para aqueles alumnos que teñan a materia de Xeografía e Historia pendente de 1º da ESO. Hoxe imos a traballar sobre a Prehistoria e para iso propóñovos que vexades primeiro estos vídeos para recordar o tema e logo contestedes a tarefa que vos propoño.





Aquí vos queda a tarefa desta semana:


Recordaide que podedes imprimilo e facelo na mesma folla ou copiar as respostas na libreta. 
Podedes enviarmo mediante fotografía ou un documento word ou similar a miña dirección de correo electrónico (b.nieto.ou@gmail.com) e respostareivos coa corrección individual dos mesmos.

Unha aperta,
Bea🌈

xoves, 20 de outubro de 2016

A arte na Prehistoria de Galicia

Boas tardes historiadores!

Acabamos de rematar o noso repaso polas manifestacións artísticas da Prehistoria.

Estudamos, neste segundo bloque, os diferents tipos de manifestacións artísticas que durante oo Paleolítico e o Neolítico se deron maioritariamente. Non só nos limitamos ó estudo da xeografía galega senón que atravesamos todas as fronteiras para achegarnos a todos os tipos de mostras que puidemos topar.

Neste segundo tema quedounos máis que claro que a arte é  a manifestación dunha sociedade, dunha cultura, o reflexo das súas crenzas e da súa forma de vida. Da man das diversas pinturas rupestres que asulagan a Península Ibérica, achegámonos o entorno no que  vivían, a súa forma de vida e a súa forma de vela.
Neste punto, estudamos básicamente, as pinturas máis representativas da cornisa cantábrica (da man da cova de Altamira) e da cornisa levantina.
O que non vos podiades imaxinar e que aquí, en Galicia, lograron sobrevivir algunhas mostras de pinturas rupestres: non son poucas, eso sí non se mantuveron igual cas estudadas, pero... por que non lle botades un ollo as pinturas rupestres atopadas na Cova Eirós (Lugo)?
Tense constancia da ocupación deste xacemento desde o Paleolítico Medio ata o Palelítico Superior e segundo Ramó Fábregas, director da investigación da Cova Eirós, as pinturas teñen sobre 30 000 anos. Investigades vós algo máis? por exemplo, cantas representacións se atoparon? Só se encontraron pinturas?
foton
Ademais de pinturas rupestres, quedounos claro que, si de algo pode presumir Galicia, é de ter montóns de representacións de petroglifos arredor da súa xeografía.
Fixemos  varias fichas de petroglifos, moitos ouresáns, que nos quedan ben cerquiña, e outros repartidos por outros lugares. Todos moi interesantes, uns máis cuidados que outros pero, sen dúbida, dan mostra dos diversos lugares de ocupación da etapa estudada.

Atopámonos tamén con diversas mostras escultóricas e analizámoas, debullándoas polo miúdo, na clase. Fóra da xeografía galega, estudamos diversas venus para achegarnos a crenzas e canones pasados.

Deixovos aquí un link a unha aportación no Cuaderno de Estudios Gallegos dun investigador que traballa sobre a simboloxía das representacións prehistóricas en Galicia: J.M. Vázquez Varela (1991).

http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/viewFile/313/319

Por último repasamos cada unha das formas de megalitismo presentes en Galicia (moitísimas!!!!) e tamén outras, moi peculiares, con presencia na P. Ibérica ou nas Baleares!

Si queredes botarlle de novo un ollo podedes empregar estas dúas presentacións!




Que as musas vos inspiren sempre!