Deixovos aquí o enlace as bases do Concurso Booktrailer Film Festival, ánimo a todos!!!
Máis información en: http://proyectoscpiocruce.com/BT-2017/es/bases/
Que as musas vos inspiren sempre!!
A nosa proposta "A educación inclusiva para unha escola do século XXI" conseguiu 10.453 € para financiar diversas mobilidades de diferentes docentes do centro co fin de perfeccionar as súas competencias profesionais.



Hoxe traémosvos unha noticia alucinante! Os little historiadores veñen de gañar o concurso Euroscola 2017 para o cal tiveron que preparar diferentes clips de vídeo sobre algún dos dereitos fundamentais recollidos na Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea.
Esta iniciativa, organizada polo Parlamento Europeo, enmárcase dentro da conmemoración do 60 aniversario do Tratado de Roma e no estudio da historia de concepción do proxecto europeo.![]() |
| A clase de 4º ESO A (e máis unha servidora) felices polo recoñecemento. |
