Boas tardes rapaces!! Hoxe imos a achegarnos os temas que estamos estudando nesta segunda unidade didáctica tan emocionante!
Estamos pasando de revolución a revolución: da Revolución Americana á Revolución Francesa e seguimos sumando!!!
Imos imaxinar que collemos o noso tren inter-espacial e que tras unha tolura de viaxe chegamos a nosa primeira parada....
Ferrocarril Vaso-Asturiano 1961 Fonte:Euskotren |
Primeira Parada: A Revolución Americana
Imos a empregar este material elaborado polo Prof. Francisco para repasar, de novo, os principais acontecementos da revolución!

Nesta primeira parada atopámonos xusto co que, tan ben, reflexa o Prof. Francisco no seu esquemiña!
Ademáis, nós, puxémonos a analizar e comentar un fragmento da Declaración de Dereitos de Home... cantas ideas ilustradas alí atopamos!!!!
Imos a porlle cara a protagonistas e documentos reais, como vos prometin!!!

![]() |
Artículo 1 da Constitución Americana: "Nós o pobo..." |
![]() |
Declaración de Independencia |
Hai moitísimas cousas que imos a investigar sobre a Revolución Américana... non quero adiantar coñecementos porque aínda andades mergullados na busca de Lafayette... pero xa sabemos que españois e franceses apoiaron os revolucionarios... que consecuencias tivo???
Montámonos de novo no noso tren e andamos uns aniños só para adiante...parámonos no estourido da Revolución Francesa!!!
Este pareceuvos algo realmente complicado.. ben, e que foron uns anos movidiños en Francia!!!!
polo de agora vouvos deixar por aquí un exemplo dos famosos cadernos de queixas do Terceiro Estado e unha fotografía da raiña María Antonieta (vaia sorte que correu...).
Máis adiante faremos un resumiño do tema e engadiremos información! pero por hoxe,,, chega!
![]() |
Fonte: ![]()
Con esto chegamos o final da nosa parada... non regresamos á casa.. imos a quedarnos por aquí, facer noite e na próxima entrada seguimos vendo que pasaba por estes tempos!
Que as musas vos inspiren sempre!!
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario