xoves, 20 de outubro de 2016

Vai de concursos!

Boas tardes historiadores!!!

Estou hoxe algo pesada eh! e que teño tantísimas cousas que contarvos...

Esta entrada vai de concursos! Só e para que teñades un sitio onde se recollan as instruccións para participar nos diferentes concursos que están en marcha!


1º) CONCURSO CONSTITUCIÓN - XXXIII EDICIÓN - CONVOCATORIA 2016


- Lema: “Del Gobierno y de la Administración", Título IV.

- Quen?: Alumnos/as de Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP.

- Como?: Os de ESO e BCH realizarán unha redacción sobre o tema do lema.

- Forma: extensión mínima sete folios e máxima de doce. 

                indistintamente en galego ou castelán, a man ou ordenador.

                Feito por unha soa cara e poderá ampliarse ou complementarse con fotos, recortes de                           prensa, etc. 

               Si é a ordenador temos que empregar Arial 12 e dobre espazo.

- Ata cando?: Ata as 14:00 do 4 de Novembro.

- Premios ESO/ BCH: premio para 20 alumnos dunha viaxe a Madrid que se realizará ó rematar o curso.


2º) CONCURSO VIAQUA- III EDICIÓN- RELATOS DE AUGA INTELIXENTE


-Lema: "Entre todos podemos facer cidades intelixentes"

- Quen?: Alumnos/as de 12 a 17 anos.

- Tema: A importancia da agua na sociedade e na vida, ó uso responsable e o cuidado do medio ambiente, así como á percepción que os alumnos teñen do concepto de cidade intelixente e auga intelixente.

- Forma: Microrelato en galego ou castelán.

                Máximo 200 palabras con espacios incluidos e a ordenador.

- Ata cando?: Ata o 31 de decembro

- Premios ESO/BCH: un IPAD mini para o primeiro e un e-book para o segundo.


3º) CONCURSO CARTA A UN MILITAR- IV EDICIÓN- MINISTERIO DE DEFENSA.


- Lema: Héroes de España

- Quen?: ESO/ BCH

-Como? carta dirixida a un heroe español explicando porque lle escribes, a túa opinión sobre il/ela e a súa vida e fazañas e que é o que che inspira del/dela.

-Forma: Visita http://www.cartaaunmilitar.es/ para + info. ademais alí danche unha lista/mapa de moitísimos heroes nacionais!

-Ata cando?:ata o 20 de novembro.

- Premios: Un Mac Book de Apple para o gañador e dous Ipad para os finalistas. Ademais, o gañador provincial faranlle entrega dunha Fit Bit (pulseira de entrenamento) e o gañador do cole unha lanterna de camuflaxe. Ademais, todos os participantes recibirán un diploma!


4º) 57.ª EDICIÓN DEL CONCURSO JÓVENES TALENTOS DE RELATO CORTO- COCACOLA.

- Lema:
-Quen?: Seleccionaranse, no cole, como máximo dous alumnos/as de cada grupo 2ºESO que non superen os 16 anos e que nos representen no certame.
-Forma: Relato corto. Podes inspirar cos consellos e trucos que che dan desde a páxina de Cocacola! Visita  http://concursojovenestalentos.cocacolaespana.es/materialesytrucos
-Ata cando?: 9 marzo de 2017
-Premios: Gañadores provinciais: artículos de Cocacola. Gañadores Autonómicos: viaxe de ocio e cultural con todos os gastos pagos a finais de xuño do 2017 (17 gañadores). Gañadores Nacionais: Curso Escritura Creativa de 2 cuatrimestres de duración.

Que as musas vos inspiren sempre!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario