xoves, 6 de outubro de 2016

Primeiras Fichas!

Boas tardes historiadores/as!!!

Achegámonos hoxe á catalogación de bens! Como estivemos vendo na clase, unha forma doada e que simplifica a tarea, é a elaboración de fichas técnica sobre o ben en cuestión, onde incluamos fotografías, datos esenciais e, como mínimo, unha breve descrición.

Para ver, de modo práctico, diferentes tipos de fichas, imos achegarnos ó labor que realizan diversos compañeiros:

1º) A nosa primeira parada é na conta de Sketchfab de Eloy Martínez Soto, un historiador e arqueólogo que traballa no modelado en 3D de vestixios e xacementos arqueolóxicos a través da fotogrametría. A súa proposta de catalogación é o que imos a empregar nas nosas fichas polo que vos recomendo que visitedes a súa conta e vos deixedes sorprender!
Para comezar, imos por de exemplo o traballo que realizou co Dolmen de Chan de Arquiña, a continuación amósovos a súa reconstrución 3D:


    Dolmen de Chan da Arquiña
    by Eloy Martínez Soto
    on Sketchfab



Ahora pasamos a ver a súa Ficha Técnica:



• Título: Dolmen de Chan da Arquiña (Domaio, Moaña).
• Tipo de ben: Monumento megalítico/Dolmen.
• Ubicación: Chan da Arquiña, parroquia de San Pedro de Domaio,concello de Moaña (Pontevedra).Consulta a súa ubicación exacta aquí.
• Época/Cronoloxía: Neolítico/Megalitismo.
• Dimensións: lonxitude do megalito 5,2 m.; ancho da cámara; 3,25 m.; altura do megalito 2,3 m.; altura do corredor 1,7 m.
► DESCRICIÓN:
Monumento megalítico de uso funerario composto de 11 chantas na cámara e 5 no corredor.A cámara está recuberta por unha tampa e catro lousas cobren o corredor.Presenta unha tipoloxía típica: cámara poligonal e corredor orientado cara o leste.A principal particularidade deste dolmen é que presenta un corredor incipiente.Máis información [aquí].(http://patrimoniogalego.net/index.php/5946/2011/09/chan-da-arquina/)
Como vemos é unha ficha sinxela que todos poderemos emular. Si vos fixades no apartado da descrición, na última liña Eloy remítenos a páxina de Patrimonio Galego e  é esa a nosa segunda parada.

2º) A páxina  http://patrimoniogalego.net (Patrimonio Galego) ofrécenos a posibilidade de catalogar bens da nosa contorna que aínda non o estivesen. É, polo tanto, un proxecto colaborativo no que calquera pode participar.
Do seu modelo de ficha, un pouco máis amplio que a anterior, ímonos a quedar para a nosa ficha con algunhas aportacións, imos a ver: 
- Imos a achegarnos á ficha do Dolmen de Chan de Arquiña en Patrimonio Galego (neste caso, elaborada por Manuel Rial): 
http://patrimoniogalego.net/index.php/5946/2011/09/chan-da-arquina/

O primeiro que vemos é o tipo de ben (megalítico) e o concello onde se atopa para, de seguido, atoparnos co nome do ben e dúas fotografías. 
MONUMENTO MEGALÍTICO (TÚMULO, DOLMEN, PEDRAFITA...) ENMOAÑA MORRAZO (COMARCA)
No tocante a Ficha Técnica, vemos en principio, os mesmo campos que antes:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...), 
Concello: Moaña / Morrazo (comarca)
Parroquia: Domaio
Lugar: --
Outra denominación do ben: --
Cronoloxía: Neolítico, 
Descrición: 
O Chan da Arquiña está situado a unha altitude considerable, uns 500 m sobre o nivel do mar, ó pé do Xaxán.
O dolmen do Chan da Arquiña está moi enterrado na súa mámoa ovalada. Consérvase en moi bo estado. Presenta unha tipoloxía típica: cámara poligonal e corredor orientado cara o leste.
A anta componse de 11 chantas na cámara e 5 no corredor. A cámara está recuberta por unha tampa e catro lousas cobren o corredor. No interior hai restos de ocre, o que pode indicar houbo pinturas. 
A particularidade deste dolmen é que presenta un corredor incipiente; é dicir, que non se sabe se é un corredor ou unha segunda cámara, para facer ofrendas.
Nas escavacións dos anos 50 atopáronse restos dun enxoval funerario composto por utís de pedra e restos de cerámica, de vaso campaniforme.

A partir de aquí comezan as novidades e algunhas delas incluirémolas na nosa ficha:
Fotogrametría: 
Propiedade: Pública
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: 
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural 
Elementos mobles:
Tradición oral: 
Historia recente do ben: 
Referencias bibliográficas:
BARCIELA GARRIDO, Pilar e REY, Eusebio (2000) Xacementos arqueolóxicos de Galicia, Ed. Xerais, Vigo.

Que imos aproveitar deste apartado e engadir a nosa ficha? Os apartados Propiedade, Código no Catálogo da Xunta (si ten), Categoría do Ben e Referencias Bibliográficas.
Na ficha de Patrimonio Galego continúan ahora cun apartado de Afecións do ben, nós non o imos a incluir. Si insertamos o derradeiro apartado: a localización GPS (completamos así o apartado ubicación de Eloy:

Latitude: 42.320059545
Lonxitude: -8.69796663523
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

3º) Ademáis de  estas, existen moitos modelos  de ficha. No noso caso recordai que tamén debemos incluir material e técnica.
Que facemos coas fichas? Enviámolas a beatriz.nieto@edu.xunta.es e esperamos a correción ou o visto bo e logo ímolas a subir a nosa web!
Ben, agora que xa repasamos un pouco como facer as fichas e que apartados incluir pasamos a indicar a primeira relación de obra- alumno e probar as nosas fichiñas!
1. Beatriz Varela: Dólmen de Axeitos
2. Iván Vaz: Mámoas no Xurés
3. Daniel Pérez: Petroglifo de Castriño de Conxo
4. Eduardo David: Petroglifo de Rega Pequena
5. Víctor Daniel: Petroglifos de Viascón
6. Pablo Rodríguez: Petroglifo da Laxiña dos Cervos
7. Miguel Salgado: Dólmen de Dombate
8. Karim Niass: Menhir do Tameirón
9. Andrea Moreira: Petroglifos de Mogor
10. Marco Lorenzo: Lapa de Gargantáns
11. Natalia Pérez: Verraco de Viana do Bolo
12. Alejandro López: Petroglifos da Pedra da Serpe
13. David Fernández: Cabeza de Rubiás
14. Anxo Rodríguez: Petroglifo da Laxe das Picadas
15. Diana García: Mámoas das Cabanas de Moura
16. Sara García: Petroglifos de Armeá
17. Lucía Conde: Petroglifo dos Carballos
18. Andrea Cibeira: Tesouro de Caldas de Reis
19. Fran Álvarez: Casco de Leiro

Imos alá!!!
Que as musas vos inspiren sempre!

Ningún comentario:

Publicar un comentario