Hoxe imos a facer un pequeniño resumo do que fixemos ata agora e ampliar un chisquiño máis o que estamos a ver!
1º Vimos de estudar, no primeiro tema, o fin do I. Romano, a súa división, a invasión dos reinos xermanos, a súa organización, a organización do I. Bizantino, o nacemento do Islam e, por suposto, moita arte!!!! Desde os visigodos, a bizantina e islámica!
Analizamos varios mapas do mundo daquelas, como o que temos a continuación! e entendimos millor como se organizaba o tema... o Imperio Romano de Oriente, durará uns 1000 anos máis que o I. Romano de Occidente, que ante tanta invasión, acabará por desaparecer.
O I. Romano de Oriente convertirase no I. Bizantino, coa capital en Constantinopla, e da man de Xustiniano acadará o seu máximo esplendor.
A Xustiniano e a súa muller Teodora, puxemoslle cara estudando os mosaicos de San Vital de Rávena. Que chulada!
Parámonos moito en comprender a forma de vida de xermanos, bizantinos, etc. e coñecimos a Carlomagno! ademais mergullámonos no mundo de Mahoma, acompañándoo na súa fuxida á Meca (héxira) e nos primeiros pasos de expansión do Islam.
Descubrimos neste tema algo que gardamos para máis adiante: Un tal Abderramán I, un príncipe da familia dos Omeia, fuxiu da morte a mans dos Abasíes!! a onde chegou? disque a Hispania....
Neste segundo tema andamos pescudando a segunda oleada de invasións e imos a traballar o Feudalismo...
Vimos como Carlomagno creará un Imperio (no ano 800 é nomeado Emperador) e cando os seus tres fillos herdaron volveron a desmigallalo acordando o reparto no Tratado de Verdún...

Logo, analizando a súa forma de administrar o territorio, vimos como xa daquelas se dividirá en condados e marcas- dirixidas por condes e marqueses, respectivamente- e como xa comezaron a organizarse socialmente dunha forma que pronto nos será coñecida...
Si nos achegamos o mapa de Europa do feudalismo... que nos atopamos?? e se nos achegamos á organización social???
RETOOOOOO!!! analizade ben as seguintes imaxes, comparainas coas do I. Carolinxio e contestai aquí, no blog, comentaiii!! Decídeme, meus pequenos historiadores, hai semellanzas? cales? diferenzas? cales?


E ata aquí por hoxe!!
Recordo! Comezamos con Edmodo!!!!!!!!
Que as musas vos inspiren sempre...
Ningún comentario:
Publicar un comentario