xoves, 20 de outubro de 2016

A arte na Prehistoria de Galicia

Boas tardes historiadores!

Acabamos de rematar o noso repaso polas manifestacións artísticas da Prehistoria.

Estudamos, neste segundo bloque, os diferents tipos de manifestacións artísticas que durante oo Paleolítico e o Neolítico se deron maioritariamente. Non só nos limitamos ó estudo da xeografía galega senón que atravesamos todas as fronteiras para achegarnos a todos os tipos de mostras que puidemos topar.

Neste segundo tema quedounos máis que claro que a arte é  a manifestación dunha sociedade, dunha cultura, o reflexo das súas crenzas e da súa forma de vida. Da man das diversas pinturas rupestres que asulagan a Península Ibérica, achegámonos o entorno no que  vivían, a súa forma de vida e a súa forma de vela.
Neste punto, estudamos básicamente, as pinturas máis representativas da cornisa cantábrica (da man da cova de Altamira) e da cornisa levantina.
O que non vos podiades imaxinar e que aquí, en Galicia, lograron sobrevivir algunhas mostras de pinturas rupestres: non son poucas, eso sí non se mantuveron igual cas estudadas, pero... por que non lle botades un ollo as pinturas rupestres atopadas na Cova Eirós (Lugo)?
Tense constancia da ocupación deste xacemento desde o Paleolítico Medio ata o Palelítico Superior e segundo Ramó Fábregas, director da investigación da Cova Eirós, as pinturas teñen sobre 30 000 anos. Investigades vós algo máis? por exemplo, cantas representacións se atoparon? Só se encontraron pinturas?
foton
Ademais de pinturas rupestres, quedounos claro que, si de algo pode presumir Galicia, é de ter montóns de representacións de petroglifos arredor da súa xeografía.
Fixemos  varias fichas de petroglifos, moitos ouresáns, que nos quedan ben cerquiña, e outros repartidos por outros lugares. Todos moi interesantes, uns máis cuidados que outros pero, sen dúbida, dan mostra dos diversos lugares de ocupación da etapa estudada.

Atopámonos tamén con diversas mostras escultóricas e analizámoas, debullándoas polo miúdo, na clase. Fóra da xeografía galega, estudamos diversas venus para achegarnos a crenzas e canones pasados.

Deixovos aquí un link a unha aportación no Cuaderno de Estudios Gallegos dun investigador que traballa sobre a simboloxía das representacións prehistóricas en Galicia: J.M. Vázquez Varela (1991).

http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/viewFile/313/319

Por último repasamos cada unha das formas de megalitismo presentes en Galicia (moitísimas!!!!) e tamén outras, moi peculiares, con presencia na P. Ibérica ou nas Baleares!

Si queredes botarlle de novo un ollo podedes empregar estas dúas presentacións!




Que as musas vos inspiren sempre!

Ningún comentario:

Publicar un comentario