Bos días a todos!!!👋😀
Como sabedes, esta semana tampouco teredes ningunha tarefa nova e eu xa estou recopilando todas as vosas calificacións para darvos unha nota final (tereina ao longo desta semana).
Sei que esta non foi a millor forma de aprender cousiñas sobre Mesopotamia, Exipto, Grecia ou Roma e que de seguro, na clase, divertiriamonos moitííísimo máis!
Aínda así, quero agradecervos a todos (papis e mamis e todos esos apoios que tedes detrás, incluidos) o esforzo que estivestedes a facer para seguir a materia e achegarnos, aínda que só fóra un pouquiño, a esta parte taaan interesante da nosa Historia.
Quero felicitarvos tamén, porque a maioría de vós fixéstedes un traballo impresionante!!
Extrañei moito poder vervos cada semana, sobre todo, porque tampouco tiven moito tempo ao principio (chegaba a bebé!!! 👶), por iso, agardo vervos canto antes e poder felicitarvos en persoa. De seguro que en setembro o poderei facer! 😍
Só me queda desexarvos que pasedes un verán INCRIBLE!! Non vos olvidedes de que a Historia estase a construir todos os días e vós xa sodes parte dela: dentro duns anos esta situación estudiarase nos colexios e vós poderedes dicir "eu estiven alí" pero a historia máis importante que poderedes contar vós é a vosa, por iso, para este verán non vos olvidedes do que aprendimos grazas a esta pandemia:
- 💓 Desfrutar da familia, de rir cos papis e cos irmáns, do valor dos abrazos e os agarimos, de que para ser feliz non precisamos cousas se non a eles...
- 😂 De rir todos os días, porque todas as situacións teñen solución, porque sempre sae o sol e porque de todo, bo e malo, se aprende.
- 🌞 Adicade o verán a saltar nos charcos cando chova, a cheirar profundo as florciñas e o verde dos vosos pobos, a mirar os sorrisos da xente cando por fin poidamos velos sen mascarilla, a desfrutar do solciño na nosa pel, a visitar aos avós e darlle moitos agarimos, a desfrutar das comidas todos xuntos, a xogar, a ler, a pintar de cores os vosos días...Esos son os meus deberes. Os de construir recordos preciosos para a vosa historia, para contarlle aos vosos netos, algún día, o magnífico verán que pasastedes despois daquela pandemia do coronavirus. De seguro que iso, non o olvidades xamais. 😊Síntome moi orgullosa de poder ter sido a vosa profesora.😍Bea.Unha aperta enorme, a máis grande que vos mandei nunca!
Ningún comentario:
Publicar un comentario