luns, 1 de xuño de 2020

4º ESO REFORZO 2º trimestre Tema 9: A II Guerra Mundial


Bos días a todos!!!😊🌞

Imos hoxe coa última das tarefas de repaso do segundo trimestre: a II Guerra Mundial.
Esta será a última tarefa de repaso e a semana que vén poderedes adicala a ultimar as vosas respostas, sacar adiante traballo atrasado, facer algunha tarefa das de ampliación do 3º trimestre se vos apetece... 
Como veredes tamén, o cuestionario que vos adxunto é máis longo do habitual pero tamén será o único desta semana.

Para comezar, imos a ver un vídeo onde se nos explican as claves deste conflito, podedes escoller entre La Cuna de Halicarnaso ou Academia Play:




E agora imos coa tarefa de repaso deste tema:



Coma sempre, calquera dúbida que teñades podedes prantexarma por email.

E de novo, como en cada tema, adxúntovos os contidos, estándares e criterios de avaliación que seleccionei para os mesmos e que son os indicadores que emprego para saber que avanzades no tema.

Tema 9: A Segunda Guerra Mundial

Contidos:

B6.1. Orixes da II Guerra Mundial.
B6.2. Desenvolvemento da II Guerra Mundial: extensión, fases, formas de guerra e principais consecuencias.
B6.3. O Holocausto

Estándares de aprendizaxe:

- Recoñece e entende as diferentes causas do conflito. Establece xerarquías causais.
- Identifica que o conflito desenvolveuse en varias fases.
- Coñece os principais feitos e protagonistas do conflito.
- Entende a magnitude do conflito e identifica as consecuencias do mesmo.
- Comprende a significación do Holocausto xudeu na historia da humanidade.

Criterios de avaliación:

-  Coñecer as causas da II Guerra Mundial.
- Coñecer os principais feitos da II Guerra Mundial, diferenciar as escalas xeográficas nesta guerra (europea e mundial) e entender o concepto de guerra total.
- Entender o contexto en que se desenvolveu o Holocausto na guerra europea e as súas consecuencias.


Ata aquí o repaso da materia. 

Non quero deixar pasar a ocasión para recordarvos o ben que o fixestedes e o ben que aproveitastedes esta ocasión. Estou moi orgullosa de vós. 😍

Unha aperta moi grande,

Bea.😊

Ningún comentario:

Publicar un comentario