Bos días a todos!!🌞🌞
Hoxe na titoría propóñovos un vídeo que para min ten un significado especial: a historia de meu amigo Dani Carril.
A semana pasada propúnxevos unha charla TED sobre a resiliencia, da man da historia de Juan Foa, e hoxe creo que con este vídeo podemos aunar moitísimas cualidades que precisamos non olvidar nas nosas vidas: a resiliencia (esa cualidade que fai que nos repoñamos de cada chanzo nas nosas vidas), a importancia da familia, dos amigos, a valentía, a necesidade de vivir con optimismo e alegría aceptando as circunstancias que non podemos cambiar, o perdón...
Non vos perdades esta preciosa historia de superación!
Esta situación pasará, sairemos das nosas casas e voltaremos a unha vida "normal" pero mentres disfrutade, ride, abrazade ás vosas familias, aproveitaide para facer cousas xuntos, rememorade os momentos felices e construide moitos novos... sí, na casa, arredor da cociña, do sofá, da ventá...
Se Dani puido con algo tan duro, non poderemos nós?
Moitas grazas ao meu amigo Bruno Nieto (o creador deste proxecto audiovisual) por plasmar tan ben esta historia e, ademáis, pola ao alcance de todos de forma altruísta.
Agardo que vos emocione tanto como a min.
Bea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario