Bos días a todos!!! 🌞
Hoxe imos a reflexionar sobre os avances científicos, a súa relevancia no mundo actual e as implicacións éticas dos mesmos.
No mundo no que vivimos cada día asistimos a avances científicos de grande calado: os avances tecnolóxicos facilítannos a vida pero tamén supoñen un dilema para a nosa privacidade (como podemos ver na charla TED que vos adxunto), a edición do xenoma humano permite a prevención de enfermidades pero, por outra banda, tamén a "elaboración" de nenos á carta (prohíbido en todo o planeta pero do que se sospeita de científicos chinos), o avance en investigación en viroloxía axúdanos a previr os efectos dalgunhas enfermidades pero tamén a que algúns gobernos os garden como posible arma biolóxica...
Onde está o límite?
A investigación científica e os resultados que vemos, que se publican, que chegan aos nosos ordenadores ou períodicos, veñen moitas veces determinados por intereses políticos ou partidistas e non son neutrais. Temos moitos exemplos disto na industria alimentaria, como a famosa recomendación "dunha copa de viño ao día para previr problemas cardiovasculares" que hoxe sabemos que non é certa ou moitas outras.
Propóñovos que como tarefa desta semana reflexionemos sobre os límites da ciencia: Deben existir? Quen os debe marcar? credes que a idea de progreso, baseándose nos avances científico-tecnolóxicos están por riba da Declaración Universal de Dereitos Humanos? Pensades que o progreso está por riba da escala de valores?
Enviaideme as vosas opinións ao meu correo electrónico (b.nieto.ou@gmail.com) ou mediante o sistema de envío de respostas de Google Classroom.
Agardoas con impaciencia!
Unha aperta enorme!!
Bea🌈
Ningún comentario:
Publicar un comentario