Bos días a todos!!🌞
Estas semanas estivemos vendo a importancia de velar polo cumprimento dos dereitos das persoas. Quedounos moi claro a importancia da DUDH e tamén que nalgúns países aínda se violan algúns dos seus artigos.
Achegámonos a situación das mulleres na actualidade e ao longo da historia e tamén a triste realidade de moitos nenos que ven como non poden exercer os seus dereitos.
Pero entre todo esto, tamén observamos como varias institucións internacionais (como Unicef) e ONG traballan pola defensa dos dereitos humanos, auxiliando as persoas que non teñen a oportunidade de exercelos.
Antes de nada, vouvos deixar aquí uns videos que elaborou Unicef para reivindicar o sufrimento dos nenos trala guerra de Siria e concienciar a poboación mundial sobre a situación dos refuxiados:
Cal é a tarefa que vos propoño esta semana?
Pois sinxelamente que escollades unha ONG ou Organización Internacional que axude dalgunha maneira a que se cumplan os dereitos das persoas (dos nenos, das mulleres, de familias que non teñen acceso a comida ou auga potable, que den asistencia médica, que se dedican a dar educación gratuita... calquera acción que esté relacionada co cumplimento dos dereitos fundamentais do ser humano) e que me contedes por que a escollestedes, onde está actuando, a quen axuda, como o fai, etc. O que vos parezca máis relevante da mesma.
Coma sempre, podedes enviarme a tarefa no formato que prefirades ao meu correo electrónico: b.nieto.ou@gmail.com
Esta será a última tarefa que vos encargue. A semana que vén non teredes ningunha tarefa nova así podedes aproveitar para revisar se tedes algunha atrasada. Calquera dúbida, sabedes que aquí estou 😊
Unha aperta,
Bea🌈
Ningún comentario:
Publicar un comentario