mércores, 20 de maio de 2020

4º ESO "Dos tempos dos meus avós": O desarrollismo



Bos días a todos!!🌞

Hoxe imos a mergullarnos na segunda etapa do franquismo en España. Para obter unha idea xeral do tema imos a ver o seguinte clip de vídeo:



A semana pasada chegamos ata o ano 1945, cando estala a II Guerra Mundial e España queda aillada internacionalmente. Nesa primeira etapa, de autarquía e illamento internacional, na que nos pechan as fronteiras e inclusive nos retiran os embaixadores doutros países, España atópase soa recuperándose dunha dura guerra civil.

Como sabemos, Franco non intervén na II Guerra Mundial e declárase neutral, a pesar de ter mantido unha reunión en Hendaya con Hitler para intentar negociar a nosa entrada no conflito.

Acabado o conflito, as potencias vencedoras intentaron provocar a caída do franquismo. Para iso, someteron a España a ise illamento internacional, non admitiron ao noso país na ONU, retiraron os embaixadores e Francia pechou a fronteira con España.

Pero co estalido da Guerra Fría a situación cambia: Estados Unidos vai a considerar entón que o réxime franquista, a pesar de ser unha ditadura era, sobre todo, anticomunista e, polo tanto, un posible aliado. O illamento vaise a suavizar a finais dos anos 40, cando a fronteira francesa volverá a abrirse e se instalan de novo as embaixadas en España.

En 1953 Franco asina dous tratados moi relevantes: o Concordato da Santa Sé co Vaticano e o Tratado de Amizade Hispano- Americano cos Estados Unidos.

Mediante o primeiro tratado, España recoñece os provilexios que o réxime franquista lle concedía a Igrexa Católica.

Pola súa parte, co Tratado de Amizade Hispano- Americano (asinado entre Eisenhower e Franco) permitíase a instalación de bases militares americanas en España a cambio de axuda económica.

Eisenhower e Franco na súa visita a España en 1959.


El gobierno de España autoriza al gobierno de Estados Unidos... a desarrollar, mantener y utilizar para fines militares, juntamente con el gobierno de España, aquellas zonas e instalaciones en territorio español bajo jurisdicción española que se convenga por las autoridades competentes de ambos gobiernos como necesarias para los fines de este Convenio. [...] Las zonas que en virtud de este Convenio se preparen para su utilización conjunta, quedarán siempre bajo pabellón y mando español y España asumirá la obligación de adoptar las medidas necesarias para su seguridad exterior. Sin embargo, los Estados Unidos, podrán, en todo caso, ejercer la necesaria vigilancia sobre el personal, instalaciones y equipo estadounidenses.
26 de septiembre de 1953


En 1955 España foi admitida na ONU.

Esta nova situación internacional, xunto co desconteto popular e o fracaso da autarquía, vai obrigar a Franco a realizar cambios na forma de goberno e nas súas políticas económicas.
Os falanxistas perden influencia e, moitos ministerios e altos cargos, foron cubertos por católicos e monárquicos.

O único partido legal (FET y de las JONS) pasou a chamarse Movemento Nacional, eliminouse de forma obrigatoria o "saúdo á romana" e o sistema político pasou a autodefinirse como unha "democracia orgánica".

Na década dos '50, a economía experimentou unha lixeira melloria e suprimiuse o racionamento. A pesar disto, España seguía a ser un dos países menos desenvolvidos de Europa.

En 1957 chegan ao goberno algúns ministros vinculados á organización católica Opus Dei que proporcionaron criterios máis técnicos e modernizadores para reformar a economía española e achegala a Europa. Son os coñecidos como "tecnócratas".

Estes novos dirixentes deseñaron un Plan de Estabilización (1959) cuxo obxectivo era facilitar a inversión privada e a entrada de investimentos estranxeiros en detracción dunha economía con forte control estatal. Abadonouse a autarquía e a economía española aproximouse ao sistema capitalista.

As medidas  tomadas foron encamiñadas a estabilización de prezos, a redución da inflación,  a conxelación de salarios e restrición de créditos. Para estimular a inversión e a exportación devaluouse a peseta.

Entre 1964 e 1975 puxéronse en marcha os Plans de Desenvolvemento que pretendían fomentar o progreso industrial nas zonas máis pobres da península e diminuir as diferenzas que existían entre as rexións españolas. 

Entre 1960 e 1973 a economía española vai a medrar a gran velocidade, incrementando a renda nacional, os salarios e o poder adquisitivo da poboación. A producción industrial aumentará ata un 10% anual e asistiuse a unha renovación tecnolóxica.

A agricultura tamén se modernizou co incremento da mecanización, a redución da man de obra empregada e a diversificación da oferta de produtos resultando nunha mellora da produción.

Entre a expansión do sector servizos, destaca o turismo, que se converteu nunha das principais actividades económicas do país. O comercio exterior coñeceu un notable aumento, reactiváronse as exportacións e aumentaron notablemente, como xa mencionamos, os investimentos estranxeiros.

Fonte: Censos de poboación. *taxa de crecemento acumulativo anual (en %).
Este cambio económico produciu un importante aumento da poboación. Así, España, experimentou na década de 1960 a taxa de crecemento anual máis importante do século, que se mantivo ata 1975. Este aumento foi consecuencia do baby boom derivado da mellora das condicións de vida e do descenso da mortalidade (sobre todo infantil).

Derivado da mecanización do campo prodúxose un éxodo rural e as cidades experimentaron un grande cambio e aumento de poboación. Aínda así, as actividades económicas das cidades non eran suficientes para tanta man de obra, polo que uns 2 millóns de españois emigraron a distintos países.


Esta expansión económica na década de 1960 trouxo consigo elementos de modernización da sociedade española: aparecerá a sociedade de consumo, unha sociedade mellor educada, novos valores e realidades e moderación nalgunhas prácticas da ditadura.

O incremento da poboación urbana e, como resultado, do número de traballadores industriais,  o aumento de clases medias adicadas a actividades como o ensino, sanidade, administración, banca... fixo que aumentase a renda das familias e cambiasen os hábitos de consumo. Así, aos fogares españois, chegaron as lavadoras, frigoríficos, televisións ou automóbiles, entre os que destaca o mítico Seat 600.

O aperturismo ao exterior, a chegada de turistas con modas máis libres, unha crecente urbanización da sociedad e unha maior mobilidade internacional (viaxes turísticas, visitas familiares...) deron lugar a unha nova realidade e novos valores: pedíase maior liberdade, a muller comezou a incorporarse ao mundo laboral e reduciuse a influencia da Igrexa na vida cotiá. Ademáis xeneralizouse a educación obrigatorio ata os catorce anos.

O réxime respondeu moderando as súas prácticas máis represivas e con novas leis: En 1958 aprobouse a Lei de Convenios Colectivos, que permitiu a negociación das condicións salariais e laborais entre empresarios e traballadores; en 1963 a Lei de Bases da Seguridade Social deu orixe a este organismo; en 1966 aprobouse a Lei de Prensa (que eliminaba a censura previa) e en 1970 a Lei Xeral de Educación converteu en gratuíto e xeral o ensino entre os seis e os catorce anos.

É tamén durante esta época, cando Franco aproba a Lei Orgánica do Estado (1966) que se convertirá no piar do réxime xunto coa Lei de Principios do Movemento Nacional (1958). En 1969, Franco nomea ao príncipe Xoan Carlos (neto de Alfonso XIII) como sucesor na xefatura do Estado, co título do rei, cando él morra. 




Ata aquí por hoxe!
Para consolidar o estudado ata agora imos a respostar ao seguinte cuestionario que comprende preguntas de todo o que vimos deste bloque:

Dos tempos dos meus avós: O desarrollismo. Repaso acumulativo.





Calquera dúbida podedes prantexarma, como sempre, mediante Google Classroom ou email.

Unha aperta,
Bea.



Fonte imaxes/tecxto: Propias, Santillana e Edubook VicensVives.





Ningún comentario:

Publicar un comentario