martes, 14 de abril de 2020

Benvidos ao terceiro trimestre!

Bos días a todos!🌞

📣Hoxe empezamos as clases online de Historia e Iniciativa Emprendedora. 📣

Como xa sabedes,  de momento esta situación vaise prolongar algo máis no tempo e, de momento, non se sabe cando imos poder volver ás clases no cole. 💁Algúns políticos falannos de que, como moi pronto, iso podería ocorrer a principios de xuño. Mentras esperamos novas novas e indicacións, o que se baralla é que todas as actividades que fagades este trimestre van a ser avaliables, é dicir, que van a contar para a nota deste trimestre e para o resultado final deste curso.

Como primeira actividade para Xeografía e Historia, tendes un cuestionario inicial colgado aquí (podedes acceder a él tamén desde este link: https://forms.gle/zbq6TQnzawR31VjeA e na aula de Google Classroom). A data tope de entrega será este venres día 17, ademáis xa colguei tamén a primeira actividade do primeiro tema deste trimestre, a Guerra Fría. O cuestionario, lóxicamente, só teñen que respondelo os que aínda non o fixeran. 

A partir de esta semana e en canto teñamos más noticias organizaremonoss de forma definitiva, mentras tanto recordaide que as nosas clases oficiais serán os mesmos días que aparecían no horario lectivo (luns, martes e mércores para 4ºB e luns, martes e venres para 4ºA). Para a semana que vén, si nolo permiten, volveremos a ter as sesións en liña os mesmos días que tiñades coa profe Sandra (luns-mércores-venres) porque así tendes máis tempo para resolver as tarefas.📚

Para traballar na materia ides a necesitar conexión a Internet e poder acceder a todas as clases/blogs/mail (non solo ás mías) os días que volo indiquen.
Si algunha persoa non ten acceso a un ordenador/tablet/móvil💻 e lle é imposible, por exemplo, resolver as tarefas online (mediante word, google forms, google docs, kahoot, nearpod, etc.) necesito que mo digades para acordar con vós outra forma de resolvelas e correxilas.🔌

Igualmente, para as nosas sesiones online, imos  empregar Zoom, unha app que podedes descargar gratuitamente e que me consta que xa utilizades con outros profes. As sesións de videoconferencia anunciarémolas no taboleiro da nosa aula de Google Classroom, así que estade atentos. Serán polas mañás sobre as 12 ou polas tardes sobre as 15:30, como acordamos anteriormente e, normalmente, un día á semana. 🎥

Calquera dúbida ou problema que teñades podedes contactar conmigo mediante correo electrónico (b.nieto.ou@gmail.com). Asimesmo, si os vosos pais teñen algunha dúbida poden escribirme sen ningún problema.
Non vos preocupedes nin asustedes, isto todo é novo para todos nós, pero xuntos conseguirémolo. Intentarei facer isto o máis levadeiro posible e, como xa vos comentei, as actividades intentarán ser ou doadas ou divertidas 😄 e, por supuesto, acepto as vosas suxerencias 😉

Unha aperta moi grande para todos e.... ánimo!!! 

Cada día estamos un pasiño máis cerca de que todo isto pase! 🌈🌈🌈
A profe Bea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario