luns, 27 de abril de 2020

Teño pendente Xeografía e Historia de 1ºESO, e agora... qué?

Bos días a todos!👋🌞


Esta entrada vai dirixida a aqueles que teñen a materia de Xeografía e Historia de 1º da ESO pendente do curso pasado. Para todos vós ides a atopar na pestaña "Pendentes 1ºESO" unhas pequenas tarefas que colgarei semanalmente co gallo de recuperar esa materia.👏

Cando a teñades feita, podedes enviarma ao meu correo electrónico: b.nieto.ou@gmail.com 
E se tedes calquera dúbida ou non encontrades a resposta a algo estarei encantada de axudarvos.

Para comenzar deixovos o link a tarefa desta semana, centrada no primeiro tema. Podedes imprimilo e facelo na mesma folla ou copiar as respostas na libreta. Podedes enviarmo mediante fotografía ou un documento word ou similar.


Unha aperta,
Bea🌈

Ningún comentario:

Publicar un comentario