Bos días a todos!!👋🌞
Continuamos traballando coa Unión Europea e, cada día, un pouquiño máis cerca do 9 de Mayo, o Día de Europa! Que emoción!!
Hoxe preséntovos a segunda tarefa que imos a facer. Neste caso imos a traballar sobre a resposta dos países membros da UE e dos seus organismos oficiais fronte a crise do COVID19. Para iso imos a crear un Infopoint virtual sobre a crisis do COVID19 onde deixemos constancias das diferentes actuacións que se están levando a cabo e das noticias ao respecto.
Como o facemos?
Imos a entrar en Padlet de novo (non cambio de aplicación para non marearvos con outras diferentes e porque esta funcionanos moooi ben!) no que, nesta ocasión, creamos unha liña do tempo.
Cada un de vós debe agregar unha noticia dun país membro e unha da UE da seguinte forma:
-Sobre un país: podedes buscar información varia, como cando decretou o confinamento, cantos víctimas ten a día de hoxe, se non están tomando medidas... Logo dadeslle ao símbolo + e engadides a información: onde pon Title pondes a data da noticia que ides a compartir e debaixo escribides a información. Deixeivos un exemplo co caso de España.
- Sobre as medidas que tomou/ten pensado tomar a UE e os seus organismos: o mesmo, buscamos a info e colgámola coa data no título e a información a seguir. Poden ser tamén declaracións dos presidentes do Consello, da Comisión, etc. De novo deixei unha feita para que vexades un exemplo.
Calquera dúbida comentaidema sen problema e, por suposto, esta actividade conta tamén dentro deste bloque.
Deixovos algúns links de onde podedes sacar novas relacionadas co tema:
Unha aperta,
Bea🌈
Ningún comentario:
Publicar un comentario