Bos días a todos!👋😀
Hoxe deixovos un novo concurso da UE.👀 Neste caso podedes facelo individualmente 👦ou en grupo 👪 e consiste en facer calquera cousa que represente o lema do concurso "EU♥UE" e entregalo dixitalmente. Por exemplo: 
- pezas musicais (Rap, etc.) 📯📢 
- coreografías👯 
- Vídeos TikTok 📱 
- Monólogo de humor 😂 
- poema 📝(neste caso podedes facer un póster co poema para presentalo máis bonito) 
- fotomontaxe 📷 (as fotos deben de ser orixinais vosas, non se poden coller de Internet) 
- creación artística feita con materiais de refugallo 💐 (escultura, collage, maqueta, etc). Sacámoslle fotos e mandámolas. 
- representación de monicreques feitos con materiais de refugallo 💃. O mesmo, sacámoslle fotos e mandámolas. 
- ilustración, viñeta ou banda deseñada 🎨. Se a facedes en papel pois sacamos unhas boas fotos da mesma e listo. 
- creación culinaria cos símbolos ou cores da UE 🍰(por exemplo: galletas en forma de estrelas), fotografiamos e mandamos.
A data límite de entrega é o día 6 de Maio.
Animaivos!
Por suposto, os que fagan esta actividade sumarán un punto máis no tema da UE.
Bea🌈
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario