Bos días a todos!!! 🌞
Hoxe imos a reflexionar sobre os valores e as normas éticas que rexen a nosa sociedade.
Na tarefa desta semana imos a pensar que pasaría si no mundo non existisen códigos éticos que afeasen comportamentos como mentir de seguido, a corrupción, o egoísmo, o abuso do poder, a intolerancia, a insolidaridade, a violación dos dereitos humanos....
Que pasaría si vivísemos nun mundo así?
Que consecuencias pensades que tería para nós?
Viviriamos nun mundo de xustiza? Por que?
Pensades que é bo que entre todos penalicemos esos comportamentos para intentar conseguir un mundo máis xusto e igualitario?
Agardo con impaciencia as vosas opinións!
Podedes enviarmas ao correo electrónico no formato que prefirades (vídeo, foto, audio, texto...)
b.nieto.ou@gmail.com
Unha aperta enorme!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario