luns, 18 de maio de 2020

4º ESO Titoría: Que quero escoller?



Bos días a todos!!🌞🌞

Como nestos últimos días estivemos reflexionando sobre o noso futuro académico, hoxe deixovos dúas charlas TED súper interesantes.

A primeira vén da man da socióloga Liliana Llamas para que poidades descubrir o potencial que levades por dentro e escoller esa carreira, ise ciclo, ise "nonseiaíndaoqué" que ocupará o voso futuro.

Como detectar as profesións que están vinculadas aos teus intereses?

Que metas son as que quero acadar? 

Teño que quedarme con unha soa opción?

Liliana anímanos a que cada un perciba onde nos gustaría estar, con que, como, con quen... E que, sobre todo, escollamos a opción - ou opcións- que desenvolva o noso brillo interior.





A segunda é esta marabillosa charla de Sofía Camussi "No soy un 7"
Nela, Sofía fálanos sobre o efecto que teñen as calificacións escolares nas nosas vidas e decisións. Moitas veces, derivado de iso, pensamos que non podemos chegar a ser, nin exercer a profesión que queremos ou deseamos polas notas que obtemos na escola, pero...

Inflúen sempre esos resultados nas decisións que tomamos sobre o noso futuro?

O seu plantexamento busca que non nos autoclasifiquemos pola puntuación que se recibe nun só examen, pero sí que nos lancemos a facer aquilo que máis nos gusta, que aprendamos e que non nos detengamos por non ter sacado a mellor nota.




Ningún comentario:

Publicar un comentario