Bos días a todos!!🌞🌞
Hoxe propóñovos ver esta pequena charla de Juan Foa sobre a resiliencia.
Quen é Juan Foa?
Juan Foa é un exemplo de loita e motivación a pesar dos impedimentos que lle xurdiron na vida.
Despois de ter unha mala caída, detectáronlle unha lesión medular que o deixou sen ningún tipo de movemento, aínda así, traballa como xestor financieiro e é capitán dos equipos de quad rugby de Bos Aires e a Selección Arxentina.
Por todo isto, a súa experiencia levouno ata esta conferencia, onde ten como obxectivo incentivarnos a desafiar os nosos límites e conseguir un motivo para cumplir os nosos obxectivos, sempre e cando sexan REAIS e POSIBLES.
Ningún comentario:
Publicar un comentario