Bos días a todos!!!👋🌞
Hoxe só teremos unha pequeniña tarefa, porque tendes que facer o cuestionario sobre a escultura que vos subín na vosa aula de Edmodo e, si tendes, preguntas escribirme para resolvelas!
Mañá faremos a tarefa final deste tema, cun repasiño por todas as cousiñas que estudiamos.
Adicaremos esta entrada a repasar as características da pintura grega e romana pois, como estamos vendo, en mitoloxía e arte parécense moito... logo prantexareivos un reto! 😊
Comezamos!
Gregos e romanos adoitaban decorar as paredes das súas casas con pinturas MURAIS. Tamén podían pintar sobre tabliñas ou en sarcófagos, entre outros, para decoralos.
Placa superior da Tumba do Zambullidor, en Paestum, Magna Grecia. Fonte imaxe: Grecia Antigua. El Alba de Occidente. Furio Durando. Ediciones Folio, 1.997 |
Crátera grega: empregábase para mesturar viño, auga e especias. |
Dos gregos case non nos chegaron mostras deste tipo pero sí temos moitas pinturas en cerámicas (en vasixas, pratos...), como a crátera que vos ensino nesta imaxe.
Pola contra, como veremos no seguinte tema, a erupción do Vesubio no 79 d.C. deixou sepultadas as cidades romanas de Pompeia e Herculano, que permaneceron intactas debaixo da cinzas conservando moitas pinturas nas súas paredes.
Ademáis de pinturas murais e cerámicas, os gregos e romanos tamén van a empregar moito os MOSAICOS, que consistían en pequenos anacos (teselas) de azulexo ou pedra coloreada que se colocaban en solos ou paredes formando debuxos ou filigranas. Aquí debaixo tedes un ben chulo!
Mosaico da Casa dos Delfíns, en Delos, illa das Cícladas. Fonte imaxe: Grecia, entre el mito y la Historia. 8.500 años de civilización, pág. 270. Ediciones Xaitalis, Atenas, 2.001. |
O reto que vos prantexo sobre a pintura grega é o seguinte:
Unha aperta enorme,
Bea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario