Bos días a todos!!!😀
Hoxe imos achegarnos ás bases sociais do franquismo, os apoios que recibiu o réxime e a estrutura de apoios que fixo posible a súa duración ao longo de case corenta anos.
Comezamos este capítulo cunha testemuña visual, un vídeo REAL de 1939 onde se retransmite o "Gran Desfile da Vitoria":
Ben, como sabemos en 1939 remata a Guerra Civil española e instaurase a ditadura do Xeneral Franco. Dende entón ata 1975, cando morre o ditador, España pasará por tres fases moi ben diferenciadiñas, que podemos ver na seguinte liña temporal, e nas que profundizaremos ao longo das seguintes semanas:
A ditadura de Francisco Franco foi un réxime totalitario, inspirado en parte no fascismo italiano pero con caracsterísticas propias, que gobernou España entre 1939 e 1975.
O franquismo asentábase ideoloxicamente na negación da democracia liberal e na defensa do militarismo, do catolicismo conservador e da unidade de España.
Que réxime político instaurou o franquismo? Por que falamos de ditadura?
Tras a vitoria na Guerra Civil, Franco impuxo unha ditadura militar que suprimía as liberdades democráticas (de expresión, de asociación, de manifestación, de relixión, de prensa...).
A Constitución de 1931 foi anulada; os partidos e sindicatos obreiros, prohibidos; as eleccións, suprimidas; e as institucións republicanas, desmanteladas. Tamén se aboliron os estatutos de autonomía e se prohibiu calquera manifestación nacionalista catalá, vasca ou galega.
Franco asumiu todos os poderes do estado: foi nomeado xefe do Estado e xeneralísimo dos exércitos, líder do único partido legal
a Falange Española Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET e das JONS), no que se agruparon os vencedores da Guerra Civil.
Do partido dependía a Central Nacional Sindicalista (CNS), un sindicato vertical que agrupaba patróns e obreiros de forma obrigatoria.
Francisco Franco asimía o título de Caudillo de España e Xeneralísimo dos Exércitos. Aínda que existían Cortes (Parlamento), estas só podían aprobar as leis que lles presentaba o goberno de Franco e este gobernaba por decreto, o seu cargo era vitalicio e mesmo se outorgaba o dereito a nomear sucesor.
O franquismo contou co apoio dos colectivos que pretendían acabar coas reformas republicanas e restaurar a vella orde:
- O exército, que, fortalecido tras a vitoria militar, gozou de numerosos privilexios e de cargos relevantes na Administración.
- A Falanxe mantivo o control social e os seus militantes ocuparon cargos estratéxicos (Xustiza, Traballo...) nos gobernos franquistas.
- A Igrexa católica, que recuperou a súa preeminencia social e que nutriu de ideoloxía o novo Estado (nacionalcatolicismo). Estableceuse a confesionalidade do Estado e o orzamento de culto e clero, e un Concordato (1953) outorgoulle numerosos privilexios. Tamén se suprimiu o divorcio e se reimplantou o ensino relixioso.
- A gran burguesía terratenente e industrial, que exercitou un importante dominio económico: a reforma agraria foi anulada, así como as leis sociais republicanas.
E que medios empregou Franco para garantizar a súa posición?
O franquismo caracterizouse pola represión permanente de calquera oposición co obxectivo de castigar a aqueles que apoiaron a causa republicana e de impedir o xurdimento de novos movementos opositores. Con este fin, o novo Estado elaborou unha armazón de leis represivas (Responsabilidades Políticas, Seguridade do Estado, Represión da Masonería e o Consumo, e Orde Pública) e supeditouse a xustiza aos ditados do Goberno, feito que supuxo a práctica desaparición dun poder xudicial independente.
Presos no patio do penal de Ocaña en 1952 |
As accións contra os opositores incluían depuracións laborais, reclusión en campos de concentración, traballos forzados en obras públicas, torturas, encarceramentos e execucións por motivos políticos. Calcúlase que durante a posguerra houbo 50 000 execucións por motivos políticos e que en 1940 había en España uns 270 719 presos, dos que 23 232 eran mulleres.
E o resto do mundo que dixo?
Durante a II Guerra Mundial, o franquismo amosou o seu apoio ás potencias do Eixe (Mussolini e Hitler), que contribuíran de forma decisiva á vitoria de Franco na Guerra Civil. De feito, enviouse unha unidade militar de voluntarios, a División Azul*, que loitou en Rusia apoiando o exército nazi.
Hitler e Franco en Hendaya. 1940. |
Tras a derrota das potencias do Eixe en 1945, os organismos internacionais reclamaron o retorno de España á democracia e as Nacións Unidas condenaron o franquismo en 1946.
Para asegurar a súa supervivencia, Franco deulle un xiro á súa política internacional e intensificou as súas relacións co Vaticano e cos Estados Unidos. En 1953 asinou un Concordato coa Santa Sé, que garantía a preeminencia da Igrexa católica, e uns acordos bilaterais cos Estados Unidos, que convertían España en fiel aliado contra a Unión Soviética.
Agora que xa temos claras as bases do franquismo, imos realizar a seguinte tarefa:
Ata aquí por hoxe!
Unha aperta moi grande,
Bea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario