Bos días a todos!!!👋🌞
Hoxe imos a traballar os que teñamos o primeiro trimestre suspenso. Para iso imos a facer as seguintes actividades de repaso sobre os temas 1 e 2: A crise do Antigo Réxime e as Revolucións liberais.
Quince preguntas sobre...
Adxúntovos tamén uns vídeos sobre a revolución francesa e a independencia dos EEUU para axudarvos a refrescar a memoria! :)
Ademáis adxúntovos os contidos, estándares e criterios de avaliación que seleccionei para os mesmos e que son os indicadores que emprego para saber que avanzades no tema.
Ademáis adxúntovos os contidos, estándares e criterios de avaliación que seleccionei para os mesmos e que son os indicadores que emprego para saber que avanzades no tema.
TEMA 1. O ANTIGO RÉXIME E A ILUSTRACIÓN
Contidos:
B1.1. Século XVIII en Europa: do feudalismo ao
absolutismo e o parlamentarismo das minorías.
B1.2. Ilustración.
Criterios de avaliación:
- Explicar as características do Antigo Réxime nos
seus sentidos político, social e económico.
- Coñecer as principais características e pensadores da Ilustración e como influíron as súas ideas.
Estándares de aprendizaxe:
- Sabe diferenzar entre absolutismo e parlamentarismo
- Distingue conceptos históricos como Antigo
Réxime e Ilustración.
- Describe as características da cultura da
Ilustración e as implicacións que ten nalgunhas
monarquías.
TEMA 2. AS REVOLUCIÓNS LIBERAIS
Contidos:
▪ B2.1.Revolucións burguesas nos séculos XVIII e
XIX: Revolución americana e francesa. Principais causes e consecuencias.
▪ B2.2. Restauración.
Procesos unificadores e independentistas.
Criterios de avaliación:
- Comprender o alcance e identificar os principais feitos dos procesos
revolucionarios dos séculos XVIII e XIX.
Estándares de aprendizaxe:
- Identifica as principais causas, feitos e consecuencias da revolución francesa e americana.
- Coñece a onda de revolucións liberais de 1820, 1830 e 1848.
- Identifica os principais procesos unificadores e independentistas
- Comprende o que supuxo a Restauración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario