luns, 18 de maio de 2020

4º ESO Proxecto Interdisciplinar "Dos tempos dos meus avós": Os primeiros anos do franquismo



Bos días a todos!!!!😺


Hoxe imos a profundizar nos primeiros anos do franquismo, aqueles que pasaron dende que rematou a guerra civil española ata que se lle puxo fin ao aillamento internacional ao que nos tiñan sometidos os demáis países do bloque occidental por mor da ditadura. Este período comprende desde o ano 1939 (en algunhas zonas que xa estaban baixo control "nacional" dende o inicio da guerra hai historiadores que xa falan de 1936) e ata 1953 aproximadamente, que é cando se asinan os acordos económicos con Estados Unidos e que nos permiten voltar a ser partícipes da vida económica mundial.

Este período de tempo é coñecido a nivel político como o de "Aillamento Internacional" e a nivel económico como o de "Autarquía".
Seguro que todos recordades como Mussolini defendía para a "súa" Italia a autosuficiencia económica, sen necesitar comprar nada (ou o menos posible) a outros países e fomentar a produción interna como medio de fomento, a súa vez, económico. Xa vistedes tamén que aquilo non funcionou. Recordaide tamén que estamos falando de gobernos paralelos, pois á vez que Mussolini gobernaba Italia, Franco gobernaba España.
Franco tamén abogou por ese modelo económico nos primeiros anos de posguerra coa problemática engadida de que España non de materias primas nin de fontes de enerxía que permitisen tal autoabastecemento.


Estos anos foron anos de fame, de miseria, de moita pobreza. Na primeira imaxe que vos adxunto podedes ver unha gráfica da evolución real dos salarios españois que ilustra perfectamente esta etapa.



Os habitantes das cidades, sobre todo, pasáronas moi, moi canutas. Os do rural, polo menos, tiñan as súas hortiñas e sempre podían levar algo á boca. 
Na segunda imaxe vemos a elevación do custo da vida dende 1936, cando estala a guerra civil español, a 1943, uns anos despois da súa finalización.




Son os tempos das cartillas de racionamento, coas que se asignaba unha cantidade semanal de cada produto racionado á familia posuídora.
A nivel nacional, Franco quixo estimular e centralizar a produción do trigo co Servizo Nacional do Trigo ( que funcionaba fixando prezos obrigatorios e forzando aos agricultores a entregar ao Estado parte da produción) e, a nivel industrial, creou o Instituto Nacional de Industria para apadriñar a creación da mesma.
Fundáronse tamén empresas públicas como Endesa, Empresa Nacional Bazán, Pegaso, Iberia, etc. que se ocupaban de sectores económicos prioritarios. 



A escaseza de materias primas, o baixo nivel de produción, o escaso comercio exterior e a falta de inversións, incluíndo o capital extranxeiro, conduciron á economía española ao borde do colapso. 


Nesta terceira imaxe podedes ver un cartel de propaganda da autarquía en España. 

E como defendía Franco esta postura? 

Pois aquí vos deixo un anaco dun dos seus discursos nos que nos fala deste modelo económico:

"España es un país privilegiado que puede bastarse a sí mismo. Tenemos todo lo que nos hace falta para vivir y nuestra producción es lo suficientemente abundante para asegurar nuestra propia subsistencia. No tenemos necesidad de importar nada. Discurso de Franco, 1938."

Ademáis das cartillas de racionamento, das que vos falei antes, o Estado impuxo tamén un sistema de cupos que distribuía entre as empresas as materias primas pu enerxía que precisaban (ferro, algodón, carbón, petróleo, etc.). 
O racionamento fixo que se empezase a desenvolver un "mercado negro" (onde se vendían produtos ao marxen dos oficiais pero de forma ilegal, pois non estaban controlados polo estado) e o estraperlo (ise mercado clandestino). Neste mercadeo os produtos vendíanse moito máis caros, pois aproveitábase das necesidades da poboación. Deste mercado negro aínda nos falan moitos dos nosos avós ou bisavós que vivían nas zonas de Galicia máis achegadas a "raia" con Portugal. Localidades como Pontebarxas, Entrimo, a zona do Condado, Quintela de Leirado, Lobios, etc. contaban entre os seus veciños con varios destos contrabadistas que aproveitaban os camiños do monte para levar a cabo o intercambio de produtos cos veciños portugueses e obter o que aquí era case imposible (por exemplo a penicilina, que aquí non estaba legalizada e en Portugal sí e podía supor a diferencia entre a vida e a morte nunha persoa enferma sinxelamente cun virus respiratorio grave).


Sobre as cartillas de racionamento: Establecéronse dúas cartillas, unha para a carne e outra para o resto de alimentos. Primeiro eran familiares, e a partir de 1943, individuales, porque permitían un mellor control. As distintas persoas recibían unha determinada cantidade en función da idade e traballo. Estiveron vixentes ata 1951.

O Auxilio Social


A Falanxe creou unha institución de beneficencia, o Auxilio Social, para intentar paliar a fame dos máis necesitados.
A súa labor rodeouse dun potente aparato de propaganda, que culpaba ao extranxeiro da pobreza que asolaba o país.

Imos agora cunha pequena tarefa de repaso deste primeiro achegamento á vida durante o franquismo:


Ata aquí por hoxe!

Unha aperta moi grande
Bea 😊

Fonte imaxes/tecxto: Propias, Santillana e Edubook VicensVives.

Ningún comentario:

Publicar un comentario