Bos días a todos!!!👋😸
Hoxe comezamos un novo bloque de traballo dentro deste terceiro trimestre. A pesar de ser o último no que ampliaremos coñecementos é, quizáis, o máis importante, pois todos aqueles que estedes pensando en estudar Bacharelato ides a ter no 2º curso a materia Historia de España, na que a guerra civil e o franquismo son coñecementos esenciais.
Este bloque de traballo estará encadrado dentro dun proxecto interdisciplinar que desenvolveremos varios profesores á misma vez para intentar que vos sexa máis doado contextualizar e obter unha visión global do tema e que se titula "Dos tempos dos meus avós".
Pola miña banda, imos a contextualizar históricamente a vida dos vosos avós (ou bisavós) en España e, para iso, imos a viaxar a España de Franco, rememorando como, tras a Guerra Civil, instaurause unha ditadura que duraría uns corenta anos.
Imos a repasar como se vivía daquelas, cales eran as leis, os partidos... como foi evolucionando e como, coa Transición, os españois acadaron a tan ansiada democracia.
Como primeira tarefa propóñovos un cuestionario para facer un pouco de memoria sobre a crise da II República e o estalido da Guerra Civil.
Mañá faremos unha clase por videoconferencia para traballar contidos esenciais e o mércores desenvolveremos unha tarefa.
Ata aquí por hoxe!
Unha aperta!
Bea
Ningún comentario:
Publicar un comentario