mércores, 20 de maio de 2020

1º ESO Ímonos á Hélade: Arte clásica 1


Bos días a todos!🌞

Hoxe imos a sumerxirnos na preciosa arte grega e romana (que como pasou coa mitoloxía van a "copiar").

Para ter unha idea clara (e moi divertida) de como era a arte dos gregos e romanos imos a ver estos dous pequenos vídeos e logo a explicación que vos deixo a continuación:






Como vemos, os gregos non levantaban construcións colosais (como os exipcios ou os mesopotámicos) se non que buscaban A BELEZA e, por iso, facían todo ao tamaño do home, buscando harmonía e proporción.

Como vimos onte, un dos edificios gregos máis importante era o TEMPLO (que se dedicaban a un deus) pero tamén levantaron moitos outros edificios, como os TEATROS.

Na primeira imaxe vemos o teatro de Epidauro, edificado no século IV e que chegou aos nosos días tal e como vedes na fotografía.
Os teatros tiñan forma semicircular (os circulares chámanse ANFITEATROS, como o famoso Coliseo romano) e todos se organizaban en tres partes: a cávea (no alto, unha zona de bancos para os espectadores), a orquestra (onde se situaba o coro) e a escena (onde se representaban as obras).


Pola súa parte, os templos tamén tiñan todos a misma forma, seguindo as seguintes normas:
  • Construíanse con mármore ou pedra.
  • A súa forma, a PLANTA, era rectangular, aínda que había algún circular.
  • Non se erguían directamente dende o chan, senón que primeiro lle puñan un basamento con escalóns e rodeabano de columnas (esto chámase peristílo) 
  • O interior tiña tres partes: Pronaos, Naos ou Cella e Opistódomo. Podemos velo na imaxe que vos adxunto dunha planta dun templo grego.
  • No interior da Cella, situábase a estatuta do deus ao que se lle adicaba o templo.
  • O exterior decorábase on relevos, situados no FRONTÓN e no FRISO (podedes ver onde se sitúan na imaxe do Partenon).
  • Ises relevos adoitaban pintarse de vermello, azul, amarelo...
Este templo é o Partenon, situado na Acrópolis de Atenas e adicado a deusa protectora da cidade: Atenea.
Como vedes, temos diante o altar onde realizar ofrendas ou sacrificios.
Logo uns chanzos para subir ata o pronaos. Ese conxunto de chanzos forma o basamento do que vos falaba antes.
Decorando o templo, temos os relevos do frontón (que é o trianguliño que forma o tellado coa fachada) e o friso (que é esa tira decorada que vai debaixo do frontón e percorre todo o perímetro do templo).
As columnas remataban no dintel ou arquitrabe.
Se poidésemos entrar no templo, logo do pronaos, encontrariamos o naos ou cella, coa estatua de Atenea, nese caso. Máis adiante estaría o opistódomo, onde os sacerdotes gardaban as ofrendas a deusa.
Como vedes, o templo está rodeado de columnas (o perístilo) e o tellado está decorado en cadansúa esquiniña cunha acrótera ou pequena escultura.

Aquí vos queda un vídeo onde podedes ver como era o Partenón.
Para conseguir que as construcións gregas foran proporcionadas, os gregos estableceron tres estilos ou ordes arquitectónicas: a dórica, a xónica e a corintia.
E que é unha orde? Pois sinxelamente a disposición dos elementos da fachada (columnas, capiteis, arquitrabe...) Imos a velo:
Como vemos na imaxe, os gregos desenvolveron tres ordes.
A orde dórica era sobria, coa columna lixeiramente ancheada e con estrías (liñas marcadas) e non tiñan basa. No friso alternábanse triglifos (esas tres liñas verticais) con metopas (a zona lisa, que adoitaba encherse con relevos ou pinturas).
A orde Xónica era máis esbelta. As columnas sí tiñan basa e o capitel estaba decorado con volutas (esa especie de espiral que leva a cado lado). O friso decorábase con relevos.
Por último, a orde corintia era moi parecida a xónica pero coa diferencia de que o capitel estaba decorado con follas de acanto e a columna non adoitaba a estar estriada.
Templo do Tesouro dos Atenienses (Delfos), de estilo dórico, 490 a.C.

Templo de Atenea Niké, xónico.

Templo de Zeus ou Olimpeion, de estilo corintio, séculos VI a.C. - II d.C.


Ata aquí por hoxe, deixovos coa tarefiña de repaso deste tema:

1. Imos a facer este xogo, tendes que engadir o voso nome para que poida ver que o fixestedes e logo mandádesme a vosa puntuación a través de Edmodo ou ao meu email (b.nieto.ou@gmail.com).


2. Ides a debuxar na libreta un templo grego e sinalar as súas partes.
Ademáis deberedes debuxar tamén os tres tipos de ordes e sinalas as súas partes. Podedes utilizar as seguintes plantilla para facelo:






Nada máis por hoxe,
Calquera dúbida xa sabedes que podedes remitirma mediante o correo electrónico ou o sistema de mensaxería de Edmodo.
Moito ánimo e mil apertas,
Bea 🌈

Ningún comentario:

Publicar un comentario